comunicado da marea feminista sobre o programa “educamotivacon”

18 de Marzo de 2017

Marea Feminista amosa a súa disconformidade co programa “EducaMotivaCon”. 

Vimos de coñecer o programa da Consellería de Educación “EducaMotivaCon”; programa que aglutina a unha serie de persoas famosas de Galiza e que ten como misión “poñer as súas experiencias a disposición do alumnado dos centros públicos a través de actividades motivadoras”.

Mais de 18 persoas célebres da actualidade galega, resulta que só tres son mulleres. A Marea Feminista está contra estas medidas tan pouco equitativas. Estas persoas van actuar como referentes da nosa mocidade; xornalistas homes, médicos homes, actores homes e en xeral, homes contando as súas experiencias nos seus oficios. A Consellería de Educación non está tendo en conta a pouca referencialidade feminina que ten a mocidade galega; aínda así resulta sorprendente como a Xunta, tendo en conta as graves fendas de xénero que temos no país, non potencie a mulleres referentes para a xuventude.

Dende Marea Feminista instamos á Consellería que recapacite en próximas edicións do programa “EducaMotivaCon”; e teña en conta as mulleres con tanto valor que temos na Galiza, xa basta de borrarnos da historia, presente e futuro, deixade de ocupar os espazos que nos pertencen!