emendas aos orzamentos da xunta 2020

14 de Novembro de 2019

MAREA DE VIGO TRASLADA AO GRUPO COMÚN DA ESQUERDA DO PARLAMENTO DE GALICIA EMENDAS AO PROXECTO ORZAMENTARIO DO 2020 DA XUNTA PARA VIGO QUE INCORPORAN 12 MILLÓNS E MEDIO MÁIS DE INVESTIMENTO EN VIGO

Rubén Pérez: “Estamos ante un proxecto orzamentario electoralista e pensado para as roldas de prensa da nova delegada da Xunta e non para as necesidades da cidade, no mesmo modelo de práctica política que Abel Caballero”

Vigo, 14 de novembro de 2019. Nas emendas Marea solicita que a Xunta asuma o 50% do importe do proxecto de aulas internacionais, máis de 2 millóns de euros en total, que desenvolve o Concello non polos motivos de “charlatanería de feira” expresados polo alcalde de Vigo senón porque as competencias en materia de becas son do Estado ou da Xunta e os recursos municipais en materia educativa teñen que orientarse aos comedores escolares, estado e accesibilidade dos centros educativos, etc..

Coñecido xa o proxecto orzamentario da Xunta para o 2020 – explicou Rubén Pérez na rolda de prensa de hoxe – e xa en periodo de emendas o mesmo, este só pode cualificarse como electoralista e pensado para “vender” o papel da nova delegada da Xunta en Vigo con anuncios de novos investimentos aos que apenas se adican partidas de estudos e sen previsión real de acometelas. De feito, comparando os orzamentos para Vigo de 2019 e 2020 atopamos algunhas ‘reiteracións’ e algunhas ‘desaparicións’ importantes”:

Vigo Partida 2019 Partida 2020
EDIFICIO XUDICIAL DE VIGO 18.000.000 15.717.760

ESTACIÓN INTERMODAL EN VIGO (INTEGRACIÓN ESTACIÓN AUTOBUSES)

7.800.000 8.160.024

INVESTIMENTO NO RECINTO FEIRAL DE VIGO – IFEVI

NOVA PARTIDA 100.000

AMPLIACIÓN PARA TALLERES NO CIFP MANUEL ANTONIO DE VIGO

NOVA PARTIDA 50.000

AMPLIACIÓN CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE DE VIGO

NOVA PARTIDA 50.000
REHABILITACIÓN IES SANTA IRENE NOVA PARTIDA 200.000

CAMPUS CIENTÍFICO – TECNOLÓXICO CIDADE DO MAR

712.000 712.655
NOVO HOSPITAL VIGO 39.000.000 39.181.116

OBRAS E EQUIPAMENTOS SERVIZOS SANITARIOS VIGO

6.300.000 1.147.320

MELLORA FIRME E ACCESIBILIDADE CENTROS VIGO

NOVA PARTIDA 980.000

OBRAS E EQUIPAMENTOS SERVIZOS SANITARIOS VIGO

NOVA PARTIDA 3.500.000

CENTRO INTEGRAL DE SAÚDE VIGO OLIMPIA VALENCIA

NOVA PARTIDA 150.000

CENTRO DE SAÚDE DE BOUZAS, VIGO

NOVA PARTIDA 1.176.090
ALBERGUE DE VIGO 1.000.000 750.000

MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA E DA ACCE NA PO552 E PO330 (VIGO)

NOVA PARTIDA 1.000.000

total

72.874.965

A xuizo de Marea de Vigo: “a simple vista desaparecen dúas partidas presentadas como investimentos importantes en 2019: a fase de Navia, argumentando que non se desbloquea a súa execución por culpa do Concello de Vigo, e a residencia pública proxectada na ETEA, que se entende anulada polo anuncio da que vai construir Amancio Ortega no mesmo emprazamento:

DESENVOLVEMENTO PLAN PARCIAL NAVIA (FASES RESTANTES)

6.000.000
RESIDENCIA TERCEIRA IDADE ETEA 950.000

Marea de Vigo, xa deu traslado ao Grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia dunha batería de emendas de incremento de partidas existentes e de creación de novas que suman un importe por valor de 12 millóns e medio de euros e centradas en:

1. RECUPERAR A RESIDENCIA TERCEIRA IDADE PÚBLICA PARA OUTRO BARRIO DE VIGO: +950.000 euros.

Non anular o proxecto público de 2019 pola aparición da financiación privada do dono de Inditex, xa que é necesaria unha nova residencia pública alén da da ETEA e que conxugue residencia e centro de día para dar servizo á cidade de Vigo.

2. REDACCIÓN PROXECTO DO NOVO IES DE NAVIA: +100.000

Síguese a informar á veciñanza que Navia terá novo instituto e que non será de referencia o existente en Valadares pero nin se aclara ubicación nin proxecto construtivo. Nesta emenda queremos compromiso de ubicación e proxecto concreto nos terreos do PAU de Navia, titularidade da Xunta, xa que non hai claridade en que reserva de solo dotacional que figura no PLAN PARCIAL se quere ubicar. Pediremos xa o proxecto e a dotación orzamentaria suficiente (estamos no barrio con maior número de menores de 16 anos do estado, hai centos de solicitudes para a escola infantil que quedaron sen praza e hai un grave problema de zonificación escolar).

3. GARANTIZAR OS SERV DE PEDIATRÍA EN CORUXO, NAVIA, ETC…

Mellora da situación da pediatría en Vigo a incoporar na partida xeneral de persoal do Sergas

4. PLAN DE APOIO AO SECTOR NAVAL: +3.500.000

No ano 2018 e 2019 pedimos 3,5 millóns a un plan que agora deberíamos enfocalo á formación do persoal das auxiliares afectadas polo parón de Vulcano e Barreras. Plan semellante ao que se fixo no parón da PSA hai uns anos.

5. APERTURA COMEDORES VERÁN VIGO: +300.000

Pedimos en 2018 un montante de 2.5 millóns de euros para toda Galicia. Consideramos suficiente esta cuantía de 300.000 euros para Vigo toda vez que o Concello aporta tamén unha parte substancial.

6. REVERSIÓN PÚBLICA DO HAC

Unha das propostas que partía do estudo que presentamos en Vigo e que sería ir liquidando o rescate da parte privada do Hospital Álvaro Cunqueiro. Axeitamos 25 millóns de euros para isto.

7. AUMENTO DOTACIÓN MARCO: +400.000

Cando menos manter a cuantía que propuñamos dende o 2018 (400.000) pero hai que ir traballando un aumento considerable para garantir a misión museística do MARCO intacta toda vez que pedimos o mesmo no Concello de Vigo.

8. PLAN INVESTIMENTOS CONSORCIO DO CASCO VELLO: +3.000.000

Dende hai anos o CCV finánciase exclusivamente coa xestión dos activos inmobiliarios. A idea é obrigar á Xunta a un plan de investimentos (aprox 3 millóns de euros) para ampliar a actividade rehabilitadora profundamente e non depender da venda ou alugueiro de inmobles xa existentes en propiedade do consorcio.

9. FONDO COMPENSACIÓN FAMILIAS FIN PLAN VIVENDA: +2.000.000

No ano 2018 e 2019 pedimos 2 millóns de euros para aquelas familias de Navia que tiñan axudas ás hipotecas garantidas polo plan de vivenda do goberno zapatero e anuladas nos seguintes. Sigue a ser unha demanda a pedir xa que o plan estatal de vivenda transponse ás comunidades autónomas en canto a definición e partida orzamentaria

10. REMATE DE PROTECCIÓN NA EDAR DO LAGARES +500.000

A consellería de medio ambiente debe asumir a construción dunha pantalla vexetal e protección de olores e gases para as vivendas colindantes toda vez que o traspaso da infraestructura a augas de Galicia está completada. O proxecto debería servir para evitar a situación actual de proximidade da infraestructura ás zonas habitadas (cheiros, gases, impacto visual).

11. ESTUDO SOBRE O IMPACTO DAS GRANDES SUPERFICIES E COMERCIO DE PROXIMIDADE EN VIGO: +150.000

Estamos a traballar coas asociacións maioritarias do comercio en obrigar á Xunta a realizar o estudo e posteriormente decretar a moratoria de grandes superficies comerciais na cidade.

12. COFINANCIACIÓN DO PROGRAMA DE AULAS INTERNACIONAIS DO CONCELLO DE VIGO: +1.023.000

Consecuentemente co expresado na emenda aos orzamentos do Concello de Vigo para 2020, ao tratarse as bolsas educativas dunha competencia tamén autonómica queremos que a Xunta cofinancie o 50% do importe do programa de aulas internacionais que desenvolve o Concello de Vigo mediante a sinatura dun convenio.

13. OBRAS DE MANTEMENTO E REPARACIÓN NO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO: +500.000

O estado do edificio é desastroso, con filtracións, inundacións e estruturas gravemente afectadas polo paso dos anos e o uso polo que reclamamos un plan de reparacións neste orzamento 2020 a executar con urxencia.

14. PARQUE DE VIVENDAS DO IGVS PARA PERSOAS SEN FOGAR “HOUSING FIRST”: +500.000 €

A Xunta debe completar as 35 prazas que xa oferta o albergue municipal de Vigo polo que propoñemos a financiación dun programa diferenciado do do centro de inserción social de Vigo co sistema “Housing First” e que serviría para avances importantes na solución da situación de emerxencia social das persoas en situación de rúa en Vigo.