marea de vigo acusa ao goberno local de trumpismo ideolóxico ao cualificar calquera crítica social como “partidista”
Por Marea de Vigo


audio da nova:
Marea de Vigo considera que a reforma do regulamento do pleno en 2016 trala chegada de Marea de Vigo ao consistorio para restar dereitos á oposición tamén laminou calquera capacidade de intervención institucional do tecido asociativo da cidade.
Rubén Pérez: “Un goberno que se dí progresista que se poña a traballar en mecanismos de participación cidadá do século XXI como opera en todos lados e deixe de “insultar a calquera colectivo, asociación de afectados ou entidade que pida ser escoitada”
07/02/2023
Marea de Vigo considera que son un absoluto disparate as declaracións do voceiro do GM do PSgG, Carlos Font e considera que non existe maior exemplo dun goberno que non escoita que non se explique como, cando e en que orde van a ser atendidas as ducias de solicitudes de entidades, colectivos, comités de empresa, etc.. (presentes ou non na mobilización do pasado domingo). Que todo colectivo ou entidade que critique sexa identificado como partidista e “puro trumpismo en versión local”.
Marea de Vigo lembra que a democracia neste Concello leva anos languidecendo identificando esta con equilibrios electorais, co mantra neocon de que as maiorías absolutas xustifican todo como fai Ayuso en Madrid nos mesmos termos e significantes que onte expresou Carlos Font cando se refire aos manifestantes pola sanidade pública. Exactamente os mesmos argumentos de instrumentalización política sen entrar a valorar o contido das reclamacións.
O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, que por respecto ao movemento e tecido asociativo que convocaron a mobilización decidiron non estar presentes precisamente para que non fose empregado polo goberno local “algo que Marea de Vigo leva anos exercitando como insignia política evitando oportunismos” considera iso si que o expresado posteriormente polo goberno local e grave, reprochable e ven a encadearse na continua perda de dereitos democráticos na cidade.
En xaneiro de 2016 a alcaldía do Concello de Vigo incoou un expediente para a modificación do Regulamento Orgánico do Pleno que, en vez de avanzar en dereitos como o escano cidadá que permita intervir no pleno a un colectivo, a ampliación de acceso ou elementos análogos, o que planeou e limitar a intervención e fiscalización da oposición, establecer ao alcalde como figura de “policía de escano” e mesmo limitar o acceso a expedientes en base ao criterio introducido de “eficacia administrativa” como un motivo de “demora no acceso aos expedientes e documentos” sen establecer límite temporal. De aquelas decisións a degradación administrativa actual.
Rubén Pérez lembra que en 2016 xa propuxeramos regular democraticamente as solicitudes de intervención á pleno, solicitando como emenda ao regulamento que “as intervencións que tiveran relación cun dos puntos da orde do día, entendéranse como aprobadas por norma xeral, pola súa orde de chegada, co único limite por funcionalidade, de dúas intervencións por pleno. Do mesmo xeito plantexaramos intervencións cidadás de entre 5 e 10 minutos e que figurara na Orde do Día como primeiro punto da sesión”