marea de vigo amosa o seu apoio ao comité de empresa de vitrasa ante a folga convocada para mañá e denuncia a falla de información sobre os servizos mínimos solicitados.

3 de Outubro de 2021

Marea de Vigo amosa o seu apoio ao Comité de Empresa de VITRASA ante a folga convocada para mañá e denuncia a falla de información sobre os servizos mínimos solicitados.

O Grupo municipal comparte o fastío do comité ante a actitude de empresa e Concello e reitera a súa denuncia da utilización dos traballadores e traballadoras por parte de VITRASA para levalos a ser unha medida de presión ante a institución local.

Vigo, 03-10-2021. Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo afirma que “é inaceptable que, ante unha folga que comezárá mañá luns ás 7 da mañá, non haxa a estas horas do día anterior ningún decreto de servizos mínimos establecido, vulnerando deste xeito o dereito do persoal de VITRASA a facer folga, xa que nin o Goberno local nin a empresa semellan ter ninunha intención de aclarar nada sobre os servizos mínimos supostamente solicitados á autoridade laboral”.

A circunstancia, segundo Marea de Vigo, “é todavía máis grave tendo en conta a realidade sobre situación do transporte público, nun momento no que a cidade está saturada de vehículos”. Ademais, Marea de Vigo achaca o contexto actual á “absoluta falla de tutela, control e fiscalización da concesionaria por parte do Goberno de Abel Caballero” apunta Pérez.

“Esiximos ao Goberno de Abel Caballero unha reacción urxente ante a inminente folga e que a representación dos traballadores e traballadoras teñan, de xeito inmediato, o decreto de servizos mínimos enriba da mesa” conclúe o voceiro.