marea de vigo comprométese ante os colectivos veciñais de valadares a batallar contra a ampliación do polígono industrial da pasaxe.

30 de Marzo de 2021

Marea de Vigo comprométese ante os colectivos veciñais de Valadares a batallar contra a ampliación do polígono industrial da Pasaxe.

Vigo, 30-3-2021. No día de hoxe Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, mantivo unha xuntaza con representantes da AAVV de Valadares, a directiva do Centro Cultural, membros da Comunidade de montes así como con veciños e veciñas da parroquia.

Na xuntanza, á petición da AAVV de Valadares, abordáronse asuntos coma o impacto dos proxectos contidos na proposta de novo PXOM e especialmente a pretendida ampliación do poligono da pasaxe á que a Marea de Vigo xa alegou negativamente no periodo de suxestións a Avaliación Ambiental Extratéxica do PXOM

“Cremos necesario unha mobilización para paralizar a ampliación do Polígono da Pasaxe” sinala Rubén Pérez. “Se ben é preciso unha ordenación do ámbito, nin exta xustificado debidamente e incumpre o Plan Director de Áreas empresariais de Galicia”.

Marea de Vigo trasladou no seu día unha serie de suxestións así como dúbidas sobre esta ampliación, xa que, segundo Rubén Pérez, “máis aló do anuncio de Zona Franca e Concello, a ampliación cara a superficie habitada eliminando zona verde e vivenda preexistente non está documentada en ningún proxecto concreto e, tal e como recolle o propio documento, é preciso explorar a rexeneración de áreas industriais ociosas (terreos de Álvarez en Lavadores e Coruxo por exemplo) ou mesmo solucións metropolitanas antes de gañar terreo industrial a costa do espazo habitado da cidade.”