marea de vigo considera escandalosos os vínculos que amosan a existencia dun salario de 97.000 euros nunha concesionaria municipal e procesos de investigación xudicial abertos.

18 de Abril de 2016

MAREA DE VIGO CONSIDERA ESCANDALOSOS OS VÍNCULOS QUE AMOSAN A EXISTENCIA DUN SALARIO DE 97.000 EUROS NUNHA CONCESIONARIA MUNICIPAL E PROCESOS DE INVESTIGACIÓN XUDICIAL ABERTOS.

PIDE QUE O CONCELLO ACLARE SI O EMPREGADO QUE TEN ESTE SALARIO COINCIDE CO QUE “TIVO DE DECLARAR EN DEPENDENCIAS POLICIAIS E XUDICIAIS” SOBRE A CONTRATACIÓN DE FAMILIARES DE MEMBROS DO GOBERNO LOCAL.

O voceiro municipal da Marea de Vigo Rubén Pérez, lembra que “foron despedidas 4 traballadoras dos centros cívicos dentro da concesión de IMESAPI sen ser subrogadas e agora para este contrato se blinda a subrogación do cadro de persoal incluído este salario, que corresponde a labores de xerencia da empresa que opera en moitos concellos non so o de Vigo; polo que estamos pagando custos estructurais da empresa, non da concesión”. Marea de Vigo sospeita do cambio de declaración de ese empregado en dependencias policiais e xudiciais, resultando moi “curiosa”.

O voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo Rubén Pérez, considera xa inaprazable a concreción de comisións de control e seguimento das concesionarias públicas sobre todo porque a sospeitas de que poden converterse en “plataformas de contratación partidaria dos gobernos municipais” está máis que fundamentada.

Marea de Vigo pedirá aclaracións xa no vindeiro pleno de como a redacción do prego de condicións ven de ser impugnado por unha empresa licitante por cuestión derivadas dos custos salariais presentes no devandito prego.