marea de vigo considera inaplazable que vigo regule as vivendas turísticas con normativa municipal propia
Por Marea de Vigo

audio da nova:
Marea de Vigo cualifica a regulación autonómica como insuficiente e pide regulación municipal mediante ordenanza ou modificación do PXOM como xa opera en Concellos como Sevilla, Bilbao, Barcelona ou Valencia que obrigue a ter unha licencia municipal a este tipo de usos de vivendas privadas mediante unha modificación del PXOM.
03/02/2023
Marea de Vigo valorou hoxe os datos sobre proliferación de pisos na cidade como preocupantes e que o grupo municipal conta xa con numerosas testemuñas de veciños e veciñas aos que non se lle renovaron os alugueiros coa escusa de que os pisos ían ser empregados polos donos que acaban finalmente no mercado de alugueiros de corta duración, inferiores a 30 días, e que fai que non opere a LAU (lei de arrendamentos urbanos) e simplemente queda ao arbitrio do decreto 12/2017 do 26 de xaneiro polo que se regulan esta modalidade de uso turístico de vivendas particulares.
Marea de Vigo lembra que esta lei (pese a que regula que é un apartamento ou vivenda turística e o que é unha vivenda de uso turístico, establecendo mesmo as tipoloxías e en que bloques de edificios pode establecerse este tipo de vivendas) está a saltarse de xeito evidente na cidade, xa que a normativa galega é absolutamente insuficiente para o control e paralización dos apartamentos ilegais ou non suxeitos á norma.
Marea de Vigo considera urxente aprobar unha norma que estableza, tal e como ven de recoñecer o TSXG, que os apartamentos turísticos conten con licencia municipal, algo que xa avanzaron concellos como o de Santiago e Pontevedra, pero que xa opera en moitas cidades do Estado, ou mesmo que apartamento turístico e vivendas particulares nun mesmo bloque non poidan ter accesos comúns pola situación de ruído en horarios de descanso que estes formatos turísticos xeran en centos de comunidades de veciños e veciñas.
Marea de Vigo, sinala Rubén Pérez, “xa traballa con exemplos de ordenanzas que operan en moitos concellos para facer unha proposta de ordenanza ou de modificación puntual do PXOM que aclare os usos terciarios compatibles como é neste caso en residencias familiares” e que exista un titulo habilítante para poder exercer esta actividade como se lle require a calquera outro negocio existente na cidade. O agravio comparativo desta actividade é evidente pero é que ademais ten un impacto gravísimo na existencia de stock de vivenda en alugueiro para familias pero tamén ante as insuficiencias manifestas que ten o decreto 12/2017 que salvo cuestións relacionadas con formalidades dos requisitos dos apartamentos e vivendas turísticas: que estean amoblados, que teñan follas de reclamación, etc.. basta con unha declaración responsable para iniciar a actividade, algo que por exemplo en Vigo non se lle permite a moitísimas actividades económicas.
Marea de Vigo considera que como Santiago, Vigo ten que aprobar con urxencia xa normativa propia, mesmo se ten que ser mediante modificación puntual do PXOM, para que toda tipoloxía desta vivenda na cidade teña que contar con licencia municipal, e de non tela, sexa dada inmediatamente de baixa do rexistro de Turismo de Galicia, onde figuran miles que non cumprirían os requisitos de actividade que están marcando a maioría das ordenanzas municipais existentes.