marea de vigo considera increíble a falla de previsión do concello ante as afluencias de tráfico na cidade de onte

27 de Decembro de 2022

audio da nova:

Marea de Vigo considera que non entende como non fóron organizados despois do inicio formal do nadal o 25 de decembro operativos especiais e prácticamente non había policía local nas rúas nen capacidade mesmo de regular atascos

27/12/2022

O voceiro do GM da Marea de Vigo, Rubén Pérez, non entende como se poden saturar todos e cada un dos accesos da cidade, durante horas e sen que existíse ningun operativo preparado. Ou ben non se ten en conta o feito, xa indiscutible, que o aluvión de visitantes se da con orixe norte de Portugal, e polo tanto despois de varios festivos no país veciño hai que adaptar os dispositivos de tráfico a esta realidade; ou ben estamos ante unha improvisación absoluta nas rúas pechadas ao tráfico e nos accesos á cidade

Marea de Vigo denuncia que o problema onte foi especialmente grave no tocante a mobilidade dos veciños e veciñas que querían ir ás suas casas, centros de traballo ou mesmo centros de saúde, “foi absolutamente demencial que non existise nin o mínimo operativo para permitir que por exemplo circulasen con garantías vehículos de emerxencia por casi todo o centro urbano”.

Marea de Vigo reitera que é absolutamente escandaloso que a data de hoxe descoñezamos “o plan de mobilidade, o mapa de ruídos e outros estudos e documentos que terían que son imprescindibles, tanto para deseñar en que espazos van os elementos decorativos ou lúdicos relacionados co nadal como por donde acceden os vehículos privados, por donde se limita o tráfico ou por donde se permite.

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera imprescindible estudar a proposta que hai meses formulara para habilitar durante estos meses o transporte urbano de Vigo gratuíto, unha medida que xa opera para eventos concretos e mesmo de xeito permanente en varias cidades europeas e que trataría así de “compensar aos veciños e veciñas de Vigo que ven como durante case catro meses a cidade se convirte nun embotellamento permanente. Igualmente “non hai outra opción que habilitar aparcamentos disuasorios temporais nos extrarradios da cidade, porque estos capítulos de colapso vanse seguir dando durante un mes que resta de campaña da nadal ante a inacción do Concello e das responsabilidades de tráfico”.

“O que provoca esta situación de colapso son decisións políticas, non cuestións técnicas ou accidentais, e significan que case catro meses ao ano complican a vida dos vigueses e viguesas, especialmente das persoas maiores e das que teñen que desprazarse necesariamente ao centro da cidade por motivos laborais ou escolares”. “o Concello debe asumir que son miles de vigueses e viguesas os e as sacrificadas e que o retorno económico non pode ser a escusa para ter unha cidade en estado de excepción durante meses” Os vigueses e viguesas teñen dereito a un desfrutar dun nadal equilibrado coas súas vidas diarias, que conxugue descanso co lecer e fomento do consumo no comercio e hostalería local. O turismo excursionista, que en case todas as grandes cidades do estado tenta reducirse “en Vigo chámase permanentemente a encher rúas e colapsar vías. Vigo ten que apostar por un turismo que durma e consuma nos recintos hostaleiros de toda a cidade, non en dous quilómetros cadrados no centro exclusivamente”.