marea de vigo considera ineludible a realización dun informe sobre licencias urbanísticas sobre as que hai dúbidas de legalidade
Por Marea de Vigo

audio da nova:
MAREA DE VIGO PROPORÁ AO RESTO DOS GRUPOS DA OPOSICIÓN QUE O SECRETARIO INFORME SOBRE AS LICENCIAS URBANISTICAS OUTORGADAS E QUE NON COINCIDEN COS CRITERIOS DE EXCLUSIÓN DE SUSPENSIÓN DAS MESMAS.
Marea de Vigo apela ao regulamento do pleno que permite que 7 concelleiros e concelleiras soliciten un informe ao secretario do concello sobre calqueira asunto relativo á actividade municipal. “Si esas licencias foron dadas de xeito irregular, ou non acorde ao criterio de suspensión de licencias, estamos ante un feito de extrema gravidade como para que non sexa informado”
12/12/2022
O voceiro do grupo municipal de Marea de Vigo, Rubén Pérez considera que “o urbanismo á carta de intereses particulares é un dos problemas que o noso grupo municipal denunciou dende o instante mesmo de anulación do PXOM en 2015, e que eran contínuas as improvisacións e parches postos na mesa para solventalo”.
Marea de Vigo considera que no seu día era evidente que en Vigo operaba dende vello un urbanismo á carta exemplificado dende a aceleración de modificacións puntuais do PXOM do 93 de ámbitos que serían imposibles desenvolver coas novas normativas urbanisticas, ate actuacións moi sospeitosas como as acometidas en Canido nos terrenos da antiga conserveira botas, onde se deu licencia de edificación de vivenda de luxo e derruba da antiga fábrica nun ámbito que o futuro PXOM obrigaba a conservar patrimonialmente tal e como figura nas fichas de patrimonio do novo (aprobado inicialmente o 26 de agosto de 2021) que lle outorgaba protección á conserveira de Botas, demolida tres meses antes.
Marea de Vigo non entende como sendo publicado o 15 de outubro de 2021 no DOGA a aprobación inicial do novo PXOM e sendo suspendidas as licencias nos termos que figuran no propio PXOM, o que provocou que centos de veciños estén esperando para solicitar licencias naqueles ámbitos nos que existe algunha contradicción entre o vixente e o novo planeamento, agora aparezan licencias outorgadas nas que hai evidentes diferencias en canto a clasificación de solo entre os dous planeamentos, polo que “a mesma suspensión de licencia que ten un veciño ou veciña de Vigo a ten un promotor privado teña o poder de mediación ou influencia no Concello que teña”
Pese a que se apuraron moito as licencias nese intervalo, o certo e que moitos veciños e veciñas xa nin solicitaron licencia por entender que estaban incluídos nos supostos de suspensión ao cambiar a clasificación do solo ou cuestións de diverxencia entre os dous planeamentos, “para que agora atopemos un previsible trato de favor en determinadas licencias urbanisticas, o que sería un elemento de gravidade extrema polo que é necesario que se emita un informe por parte do secretario, se ten que se a petición dos grupos, que sexa así pese a que quen ten que clarificalo é fundamentalmente quen deu a licencia que en última instancia é o goberno local a través da concellería de urbanismo”