marea de vigo considera lóxico e argumentado o recurso do túnel da porta do sol do que se dá conta mañá na mesa de contratación do concello

23 de Outubro de 2019

MAREA DE VIGO-SON LÉMBRALLE AO ALCALDE QUE OS RECURSOS ESPECIAIS EN MATERIA DE CONTRATACIÓN CHEGAN POR DUCIAS ÁS MESAS DE CONTRATACIÓN SEN QUE PROVOQUEN ESA “IRA RABIOSA” COMO O ACONTECIDO CO DO TÚNEL DE PORTA DO SOL

Rubén Pérez: “o recurso presentado por veciños, propietarios e cocomercios da zona, e do que mañá se dará conta na mesa de contratación, esta xustificado polo impacto do proxecto na zona e ademáis está fundamentado nas mesmas causas que provocaron o voto negativo de Marea de Vigo no proceso de adxudicación

Para Marea de Vigo resulta curioso que ducias de empresas presentan recursos no TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DE GALICIA (XER, Parques e Xardíns, Rede de Museos, etc…) e somentes o dos veciños e asociacións afectadas xenera a resposta furibunda e criminalizadora do alcalde de Vigo.

Vigo, 23 de outubro de 2019. Marea de Vigo considera fundamentadas e perfectamente explicadas no escrito que fundamenta o RECURSO ESPECIAL EN MATERIA DE CONTRATACIÓN que probocou (como soe ser habitual) a paralización preventiva do proceso de adxudicación e polo tanto esixirá mañá na mesa de contratación na que se da conta do mesmo “que se expliquen e contesten as fundamentacións e non se pretenda argumentar que non existe lixitimidade activa dos alegantes” como ocurre cando son veciños ou colectivos os alegantes aos procesos administrativos do Concello de Vigo

As reclamacións veciñais están perfectamente fundamentadas e terían sido solventadas de ter aberto, como mandata a estratexia para a implementación destes fondos europeos, un proceso real de participación cidadá e dos axentes sociais, que mesmo no proxecto VIGO VERTICAL indica que “debe estar presente no proceso de redacción dos proxectos, no seu seguemento e mesmo na evaluación documprimento dos obxectivos marcados.

Marea de Vigo denuncia que non se constituíu o Comité de Participación que mandata a execucións dos proxectos e mesmo no relato argumentado polo Concello obviase a participación do tecido veciñal, das asociación de comerciantes e mesmo emprégase o regulamento de participación cidadá de 1991 ou o consello municipal de cooperación Internacional e Solidariedade como “actuacións sectoriais ligadas ao proxecto: algo que é a todas luces falso porque ningún dos mecanismos de participación ligados a elementos municipales están actuando na elaboración da estratexia e especialmente na fase actual de execución”

Marea de Vigo lembra que o proxecto VIGO VERTICAL dí literalmente que: “durante o proceso de execución das actuación terase en conta á ciudadanía por un lado e aos axentes sociais e económicos por outro mediante mecanismos anteriormente descritos. Asimesmo crearase un comité de participación que incluirá a axentes sociais, asociación veciñais, etc… cos que manterá xuntanzas periódicas para contrastar logros e os efectos conseguidos coas actuación en marcha e poder redirixir o proceso de execución”