marea de vigo considera positiva a proposta de vigo para poñer en marcha a construción do futuro transporte metropolitano

18 de Abril de 2016

MAREA DE VIGO CONSIDERA POSITIVA A PROPOSTA DE VIGO PARA POÑER EN MARCHA A CONSTRUCIÓN DO FUTURO TRANSPORTE METROPOLITANO

Marea de Vigo defende a “especificidade” do transporte urbano en Vigo pero ese mesmo feito non impide a integración e coordinación metropolitana.

Marea de Vigo valorou hoxe a xuntanza mantida polos 14 concellos principais da futura área como “esperanzadora” e celebra que haxa consenso en que a actual lei é insuficiente e ten que ser amplamente modificada e dotada de orzamento e claridade no reparto competencial asumido por parte das administración públicas.

Marea de Vigo considera necesario o acordo do transporte interurbano e como integrar os traxectos que afecten dentro do mesmo ao transporte urbano de Vigo e mesmo defende artellar dende xa os traballos para que o novo prego concesional ao rematar a concesión en 2019 teña xa partes específicas do transporte metropolitano.

Marea de Vigo aportará a súa proposta ao plan de transporte que deseñe a futura área metropolitana, que pasaría por un modelo análogo ao da área metropolitana de Barcelona, onde existiría un Consorcio público participado ao 51% pola Xunta de Galicia, o 25% polo Concello de Vigo e un 24% polo resto dos concellos da área metropolitana. Para a Marea así se solventarían os problemas de financiación do servicio xa que a maior parte da financiación sería autonómica de acordo con esa participación maioritaria no consorcio.