marea de vigo considera que coa suba do billete de autobús non se acaba a reclamación económica millonaria de vitrasa

17 de Marzo de 2023

audio da nova:

Marea de Vigo xa denunciara que o “gravísimo erro” de ampliar 5 anos a concesión, (volvendo exclusivamente as cláusulas contidas no prego concesional de 1994) significarán si ou si compensar millonariamente a Vitrasa por cada investimento que non cubra con viaxeiros “iso que eufemisticamente di o goberno que non fai porque a quen subvenciona é aos vigueses e viguesas”.

17/03/2023

Marea de Vigo considera que teremos novos capítulos deste “sainete” porque Vitrasa esixe o billete a 1,63 fronte aos 1,49 que Concello acordou aprobar desestimando en Xunta de Goberno local o recurso da empresa de transporte polo que urxe á convocatoria do consello municipal de transporte que leva un ano sen convocarse para que se dean as aclaracións pertinentes sobre esta situación concesional e os conflitos entre concello, empresa e cadro de persoal.

O voceiro do GM da Marea de Vigo Rubén Pérez Correa, lembrou hoxe que ter un sistema de cálculo polinómico da tarifa absolutamente obsoleto e que queda condicionado a investimentos moitas veces que nada teñen que ver con sistemas modernos de transporte ou prioridades do servizo, fai que teñamos un prezo do billete ordinario esaxerado e que obriga á administración local a maquillalo con ingresos públicos extra para baixar o billete. O que é ridículo e manter este sistema de cálculo de tarifa ampliando 5 anos a concesión coa escusa da situación COVID19, provocar un prezo do billete astronómico polo tanto e logo dicir ridiculeces como que non se subvenciona a Vitrasa senón aos veciños e veciñas de Vigo.

“O que debe saber calquera veciño ou veciña e que Vitrasa cobra igualmente 1,49 por cada persoa que suba a un bus, e se eles pagan menos é porque a diferencia é ingresada nas contas bancarias da empresa con recursos públicos que poderían ser empregados para outros fins e mesmo para ampliar e mellorar o servizo de transporte urbano na cidade, se non tivésemos que tapar as vergoñas históricas dun sistema concesional absolutamente inxusto para a cidade de Vigo”, sinala Rubén Pérez.

Marea de Vigo considera que foi un erro evidente a ampliación concesional e o sistema decidido para compensar a VITRASA pola perda de viaxeiros derivaba da situación de pandemia, xa que en vez de compensar economicamente polar perdas como se fixo en case todas as cidade do estado en base ao Real Decreto emitido polo goberno, aquí optouse  sorpresivamente por empregar a cláusula que figura no contrato do ano 1995, a de 5 anos prorrogables a un máximo de 35 contando o período concesional inicial.