marea de vigo considera ridículas as partidas orzamentarias do concello de loita contra os desafiuzamentos e emerxencia social para 0 2020

3 de Xaneiro de 2020

Rubén Pérez, voceiro de Marea de Vigo no Concello, lembra que a partida de mellora nos fogares, que agora inclúen as obras para a eficiencia enerxética, continúa a ser de 50.000 euros, o que ao incluir obras máis complexas, é unha partida absolutamente ridícula.

Vigo 03-01-2020. Marea de Vigo non entende o triunfalismo do alcalde e da concelleira de Servizos Sociais no anuncio das bases dos novos importes e bases das AXUDAS DO PROGRAMA CONTRA DESAFIUZAMENTOS E DE EMERXENCIA SOCIAL PARA O ANO 2020, entre outras cousas porque o propio expediente recoñece que cada vez o acceso de persoas a estas axudas ten máis trabas e limitacións. Proba disto é que mentras en 2018 se entregaran axudas por valor de 801.379 € no 2019 estas axudas baixaron a 560.707 cun número semellante de solicitudes, o que amosa que os criterios económicos de acceso deben mudarse.

Marea de Vigo lembra ademais que, unha partida de apenas 50.000 euros ao ano para cubrir obras e reparacións nos fogares e para a mellora da accesibilidade arquitectónica, agora neste ano 2020 adicarase tamén para obras de eficiencia enerxética e aillamento térmico de vivendas, incremento de tipos de axuda que non supón incremento de partida, que seguirá sendo de 50.000 euros. Estamos falando de obras de mellora moito máis costosas e que obviamente non quedan cubertas co mesmo importe que o consignado en 2019.

Marea de Vigo considera que aínda se está a tempo de modificar o orzamento de 2020 tal e como demandou o noso grupo municipal e incrementar sensiblemente estas partidas orzamentarias que ano tras ano quedan cos mesmos importes. En Concreto na emenda ao orzamento presentada por Marea de Vigo pedíase o seguinte:

PARTIDA NOME PARTIDA A INCREMENTAR MOTIVO
 EXISTENTE AXUDAS A FAMILIAS E FONDO DE EMERXENCIA DESHAUCIOS 500.000 Necesidade de afrontar aumento ante a demanda existente e cambio do baremo económico na seguinte convocatoria
EXISTENTE AXUDA ALUGUEIRO VIVENDA, ALIMENTOS, C.ENERXÉTICA 800.000 Necesidade de afrontar aumento ante a demanda existente e cambio do baremo económico na seguinte convocatoria

Un importe, 1.300.000 que era perfectamente incorporable ao renunciar a outros gastos e importes que non estaban suxeitos a contratos ou compromisos orzamentarios e que foi rexeitado polo equipo de goberno.