marea de vigo considera un feito grave o acontecido coa plantilla de bombeiros na xornada electoral

27 de Maio de 2019

O voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo denunciou hoxe o decreto asinado dende a concellería de seguridade no mesmo día da xornada electoral que establecía a limitación dunha 1 hora aos bombeiros en activo durante o domingo 26 de maio para poder ir a votar nos seus colexios electorais.

Ademáis destas limitacións de dereitos o parque de Balaídos estivo durante varias horas do domingo sen o personal necesario para unha primeira saída o que supón un grave feito que pon en risco a seguridade dos vigueses e viguesas pero tamén do colectivo de bombeiros.

Este decreto que limita de xeito grave os dereitos de funcionarios públicos ven a sumarse ao que obriga a realizar reforzos a pesar de que os bombeiros en asemblea en outubro decidiron non realizar máis reforzos para denunciar a situación de falla de efectivos na plantilla e a non planificación de incrementos de efectivos nin en OPES futuras nin premura en abordar as xa convocadas que poidan aliviar a falla de plantilla actual.

Marea de Vigo defenderá de xeito decidido os dereitos laborais da plantilla de bombeiros e a dignificación do seu traballo ante un Concello de Vigo que non quere escoitar ao colectivo.