marea de vigo considera unha evidente ilegalidade urbanística o establecemento hostaleiro que substitúe ao antigo jonathan.

14 de Xullo de 2015

MAREA DE VIGO CONSIDERA UNHA EVIDENTE ILEGALIDADE URBANÍSTICA O ESTABLECEMENTO HOSTALEIRO QUE SUBSTITÚE AO ANTIGO JONATHAN.

O voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, denuncia que o novo edificio nin supón unha restauración do anterior e excede notablemente o 5% da edificación anterior de acordo coas normas do PXOM
Marea de Vigo lembra que ANOVA, EU, ESPAZO ECOSOCIALISTA, EQUO e AMIGOS DA TERRA presentaron un recurso de casación hai meses denunciando as normativas que vulnera o proxecto adxudicatario de UROGALLO CAPITAL SL e que contou cun silencio administrativo intolerable.
Para a Marea de Vigo o novo local é absolutamente elitista e con prezos nada populares; o que contradí a pretendida procura dun complexo hostaleiro con prezos accesibles que aducía o alcalde para renovar a concesión do espazo situado en terreos públicos. Lembra que a normativa urbanística do PXOM indica que os terreos que ocupa este establecemento están nunha zona verde “ALCABRE-SAMIL CLAVE SX7EL-ZV-B07” e que ese sistema xeral recolle textualmente o “traslado dos usos lúdicos e deportivos” desta área como así recentemente se ten feito co tobogán de Samil.
Marea de Vigo mesmo considera “elitista e pouco acorde coa realidade cultural da nosa cidade” o modelo de negocio estilo mediterráneo que acometeu a concesionaria ganadora, e suliña “estamos recibindo numerosas queixas do modelo de contratación do personal e mesmo dos prezos de produtos que para nada son acordes coa pretendida función de servizo público na praia de Samil.
Marea de Vigo defende que o sistema xeral proxectado (retirada do muro e rexeneración do complexo dunar antes existente) ten que ser “unha realidade dende xa” evitando ampliar concesións que convertan a praia de Samil nunha especie de Porto Banús atlántica incompatible co delicado sistema ecolóxico que é a Ría de Vigo.