marea de vigo critica o anuncio da suba do billete do vitrasa sen ter convocado ao consello sectorial de transporte.
Por Marea de Vigo

Marea de Vigo critica o anuncio da suba do billete do VITRASA sen ter convocado ao consello sectorial de transporte.
Rubén Pérez: “É unha falla de respecto á cidadanía tomar decisións sen que os órganos que teñen que formar parte de tales decisións foran convocados. Quedan dous dias para rematar o ano e o Consello está sen convocar, polo que consideramos que a suba do billete a 1,40 é ilegal mentres non se dea a convocatoria do Consello así como as explicacions pertinentes”.
Marea de Vigo lembra que os Consellos sectoriais son unha parte esencial da democracia municipal e forman parte da arquitectura normativa do Concello de Vigo e polo tanto deben ser sempre convocados, e en tempo e forma.
Vigo, 30-12-2021. Marea de Vigo cualifica como un “procedemento totalmente irregular e ilegal” o anuncio da suba do prezo do billete de autobús urbano sen ter convocado o Consello Sectorial de Transporte, do que forman parte as organizacións sindicais, a federación veciñal así como todos os axentes sociais e económicos da cidade con interese ou vínculo co sector, “tal e como ademais figura no Regulamento Municipal” engade Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal. “Urximos ao Goberno local a convocar o Consello Sectorial de Transporte, onde se dean explicacións sobre os criterios para a suba, sobre todo tras unha ampliación da concesión do servizo e da inxección de inxentes recursos económicos á empresa concesionaria procedentes tanto do propio Concello como do estado a través de fondos covid para compensar a baixada de pasaxeiros/as durante a pandemia” sinala Rubén Pérez.
Alén disto, Marea de Vigo rexistrou hoxe unha petición de información á Xefatura do Departamento de Transporte para coñecer o motivo polo que non se recuperan os servizos ordinarios que actualmente se atopan no deseño de rutas así como as frecuencias tras a descovocatoria de folga do persoal de VITRASA, ante as reiteradas queixas que persoas usuarias do servizo trasladaron ao Grupo municipal.
“Vitrasa segue sen solventar unha situación laboral absolutamente abusiva, e sen explicar porque non quere cumprir tanto o convenio coma os pregos mentres o Concello o único que fai é atender ás solicitudes de subas e de incremento de recursos para a concesión sen ningún tipo de contraprestación nin para os traballadores nin para o servizo” conclúe Rubén Pérez, o voceiro do Grupo.