marea de vigo cualifica como erro que mañá recomecen as obras de actuacións municipais.

12 de Abril de 2020

Marea de Vigo cualifica como erro que mañá recomecen as obras de actuacións municipais que nin teñen urxencia nin garanten servizos públicos esenciais.

“Dende o 23 de marzo que se anunciou , aínda non hai informe da concellería de fomento avaliando a continuidade das obras municipais” destaca Rubén Pérez.

Vigo, 12-04-2020. “Se ben obras como a renovación de tubaxe na Avenida das Cameliais entre Hispanidade e a Praza do Bicentenario aprobada na Xunta de Goberno Local do pasado 9 de abril teñen esa consideración de esenciais que marca o Real Decreto, reiniciar as obras de Porta do Sol ou Gran Vía non ten sentido ningún” explican desde o Grupo municipal da Marea de Vigo.

Estamos ante obra pública civil donde a distancia de dous metros é difícil de manter.
“Non se entende a urxencia da súa reapertura cando a maior parte da poboación permanece confinada en casa todo o día e o ruído constante de obra na rúa non axuda nada a un confinamento sosegado” afirma Pérez.

Marea de Vigo concordou coa decisión tomada o pasado 23 de marzo polo Goberno local no comité de seguimento da evolución do coronavirus COVID-19 no que se instaba á concellería de fomento a “avaliar a continuidade da execución dos contratos de obra”, mais esta medida tiña que terse dado con extrema urxencia, algo que non aconteceu.

Marea de Vigo segue pedindo “reducir ao mínimo a actividade que signifique movemento de poboación na nosa cidade”. Os mellores datos da curva non poden significar un relaxamento, especialmente das administracións públicas, que teñen que ser referencia para ámbitos privados.

Marea de Vigo reitera a solicitude trasladada ao Goberno local, de establecer un mecanismo análogo ao que outros concellos como o de Madrid están habilitando para que a policía local visite estas obras co fin de avaliar se se está a cumprir a lexislación laboral e sanitaria devengada desta situación de estado de alarma.

“Para o ámbito do Concello de Vigo reiteramos a nosa a aposta por paralizar as obras de Gran Vía, Porta do Sol, labores de asfaltado, non iniciar a modificación da pasarela e ascensor do Parque Cela e paralizar calqueira adxudicación que esté na mesa de contratación actualmente como é o proxecto de remodelación do enlace do P.Q. 5000 da autoestrada A-P9V, así como as obras menores e negociados que non pasan por mesa de contratación e son coordinadas directamente por fomento” conclúe o voceiro.