marea de vigo cualifica de “estafa á cidade” o prezo do billete de vitrasa que escala aos 1,49 euros billete ordinario
Por Marea de Vigo

audio da nova:
Marea de Vigo valorou hoxe o incremento do prezo do billete de transporte público colectivo de viaxeiros da cidade, que escala aos 1.49 euros e coloca a Vigo nas cidades onde o billete ordinario é máis caro.
Lembra que o grupo ao que pertence Vitrasa vai cobrar si ou si os 1.49 euros por viaxe e o resto son subvencións que Concello ou goberno do estado transfiren para evitar que se repercuta a totalidade do billete a persoa ususaria. “Vitrasa sigue facendo negocio pese a que presiona para realizar descolgues salariais e outras medidas laborais inxustificables”
02/01/2023
O voceiro do GM da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera que a ampliación da concesión administrativa a Vitrasa é un erro garrafal, tal e como explicitou Marea de Vigo en numerosas ocasións, entre outras cousas porque a concesión caduca e obsoleta dos anos 90 volveu a ter plena vixencia, desaparecendo as fórmulas de compensación existentes e volvendo a ser a única fórmula de cálculo do valor do billete a fórmula polinómica que imputaba costes tan inexplicables como as eternas amortizacións dos terreos das cocheiras ou a compra permanente de vehículos en vez de apostar polos renting que evitaría ter que desembolsar cantidades inxentes de recursos cando se renova a flota. “Neste fórmula, tal e como denunciou o propio alcalde en ocasións, estaba o erro do contrato que finalmente foi renovado de xeito inexplicable”.
Curiosamente, engade o voceiro do GM da Marea de Vigo, pese ao notable incremento a Vitrasa “aínda lle parece pouco os 1,49 euros o billete ordinario e o prezo de coche/km de 5,6840 euros e presentou unha reclamación na que solicita aínda un importe maior en base por exemplo aos servizos especiais que o alcalde anuncia permanentemente para concertos e eventos como “gratuítos” pero logo Vitrasa emprega como argumento para reclamar aumento do prezo de billete como acontece neste caso. A empresa chega a solicitar un billete de 1,63 euros e mesmo ten xudicializadas as revisións de prezos anteriores, polo que de prosperar o “pago do Concello á empresa pode ser estratosférico” sinala o voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez.
Marea de Vigo considera ridículo o anuncio de redución de prezo dos viaxes nun 50% anunciado por Abel Caballero, redución que so se da nos abonos e que está condicionado a dous Reais Decretos, un de marzo e outro de decembro, habilitados polo goberno de coalición do PSOE e Unidas Podemos que establece dúas subvencións ao transporte urbano de concellos de máis de 50.000 habitantes (os que teñen competencias nesta materia) pero que pode desaparecer se non se prorroga máis aló de xullo de 2023 obrigando ao Concello de Vigo a asumir o diferencial con recursos propios “xa que Vitrasa, si ou si, de xeito directo ou indirecto, vai a ingresar sempre 1,49 euros por viaxe”.