marea de vigo cualifica de “incuestionable” o resultado do informe de ecoloxistas en acción sobre determinados areais vigueses e pídelle ao alcalde que deixe de poñelo en dúbida.

20 de Xuño de 2022

Marea de Vigo cualifica de “incuestionable” o resultado do informe de Ecoloxistas en Acción sobre determinados areais vigueses e pídelle ao alcalde que deixe de poñelo en dúbida.

Rubén Pérez: “O informe de Bandeiras Negras de Ecoloxistas en Acción que saca as cores ao Goberno de Abel Caballero é absolutamente solvente e ademais está anualmente contrastado”.

O grupo municipal da Marea de Vigo considera que é necesario ampliar os areais onde poidan estar os cans para, entre outras, evitar a concentración nun só lugar, mais contando un estudo rigoroso sobre a compatibilidade e idoneidade con respecto á fauna autóctona.

Vigo, 20-06-2022. Marea de Vigo afirma que os estudos cientificos dos que emana o devandito informe, estudos de carácter ambiental, de estado das augas, depuración e verquidos “son os que son e non son interpretables” sinala Rubén Pérez, voceiro municipal.

Marea de Vigo considera que é preciso ampliar os areais onde estea permitida a presenza de cans, xa que “non pode ser que nunha cidade con máis de 20.000 cans censados so haxa un espazo” suliña o voceiro, mais, dende outra óptica, segundo Marea de Vigo isto é necesario para diversificar o impacto na fauna dos areais, “así como a reformulación do sistema de limpeza de praias, que leva anos sendo cuestionado por científicos e ecoloxistas” engade Pérez.

O informe ‘Bandeiras Negras’ de Ecoloxistas en Accion leva sendo publicado de xeito anual dende hai case vinte anos, recollendo denuncias e estudos ambientais sobre a situación das nosas costas. “Estes informes non soamente non son desacreditados polas administracións públicas senón que moitos concellos gobernados por forzas progresistas os asumen como guia para a mellora da situación ambiental existente” conclúe o voceiro.