marea de vigo cuestiona que o alcalde convide á corporación aos actos relixiosos da procesión do cristo da vitoria

24 de Xullo de 2015

MAREA DE VIGO CUESTIONA QUE O ALCALDE CONVIDE Á CORPORACIÓN AOS ACTOS RELIXIOSOS DA PROCESIÓN DO CRISTO DA VITORIA

O voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, agradece o convite da Cofradía como o fai habitualmente o tecido asociativo da cidade á corporación, pero non entende o formulado por escrito dende Alcaldía mesmo cun programa institucional “incompatible coa laicidade da corporación local”.

Rubén Pérez, voceiro municipal da Marea de Vigo, considera que a participación dos concelleiros e concelleiras nas procesións e outros actos relixiosos ten que ser “a título exclusivamente persoal” e “institucionalizar a participación dunha corporación local é incompatible co respecto ás pluralidades de crenzas existentes na cidade e coa aconfesionalidade do estado e das súas administracións públicas”.

Os concelleiros e concelleira da Marea de Vigo teñen asinado, por outra banda, un código ético que sinala que “as persoas que representan organizativa ou politicamente á Marea de Vigo, se comprometen a non representar á Marea de Vigo en ningún acto nin manifestación relixiosa” polo que non asistirán a ningún pregón ni acto público convocado pola cofradía organizadora nin o propio Concello.

Para Rubén Pérez, estos posicionamentos non son exclusivamente simbólicos, e lembra que diversas asociacións de xuristas, nais e pais, organizacións como EUROPA LAICA veñen de denunciar reiteradamente actuacións que rompen co criterio de neutralidade ideolóxica das administracións públicas.

Pérez lembra que Marea de Vigo defendeu sempre que ningunha autoridade pública ou funcionario puidese participar en actos de carácter confesional en calidade de tal. Do mesmo xeito que elimininouse a simboloxía relixiosa en actos oficiais Marea de Vigo considera necesario evitar este tipo de actuacións.