marea de vigo denuncia a actitude do grupo avanza (vitrasa) incumprindo a lexislación laboral co seu persoal para presionar ao concello.

16 de Xullo de 2021

Marea de Vigo denuncia a actitude do Grupo Avanza (VITRASA) incumprindo a lexislación laboral co seu persoal para presionar ao Concello.

Oriana Méndez: “É inaceptable lanzar ao persoal a unha folga para paralizar un servizo tan esencial coma o do transporte público só para coaccionar ao Concello e obter máis recursos públicos.”

Vigo, 16-07-2021. Ante o anuncio de folga feito hoxe polo Comité de empresa de VITRASA polos retrasos nos pagos das nóminas, Marea de Vigo traslada o seu total apoio ao Comité de Empresa e denuncia a utilización por parte de VITRASA dos traballadores e traballadoras para presionar e extorsionar para conseguir máis cartos públicos do Concello. “Non pagar as nóminas tal e como marca o convenio supón un grave incumprimendo dos pregos concesionais, constituíndo unha falta grave que podería implicar a suspensión do contrato co Grupo Avanza” afirma Oriana Méndez.

“Esiximos que o Concello de Vigo abra xa un expediente sancionador a VITRASA por incumprimento dos pregos e denunciamos a utilización do cadro de persoal como elemento de presión para obter recursos públicos en forma de indemnizacións pola situación COVID” sinala a concelleira da Marea de Vigo, Oriana Méndez.

Por outra banda, Marea de Vigo considera que a situación actual con VITRASA “tamén é resultado da absoluta falla de tutela, control e fiscalización da concesionaria por parte do Goberno de Abel Caballero” suliña a concelleira.