marea de vigo denuncia a esaxeración “ate o ridículo” do número de visitantes que recibíu a cidade durante as festas de nadal

18 de Xaneiro de 2023

A análise dos datos evidencia que o Concello está a contabilizar como “turista” calquera teléfono non empadroado en Vigo que se xeolocalizase no municipio durante as últimas semanas.

18/01/2023

Marea de Vigo denuncia que dende o Concello se están a manipular e esaxerar os datos sobre o número de visitantes que a cidade recibiu durante o Nadal. Así, mentres o Concello estima que entre dous e tres millóns de persoas visitaron Vigo durante as últimas semanas, a realidade é que o cálculo está feito empregando os datos de posicionamento GSM do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Este posicionamento GSM tan só rexistra o número de dispositivos móbiles que se xeolocalizaron na cidade sen estar rexistrados nela, sen valorar se se trata de persoas que se desprazan a Vigo a traballar, por turismo ou por cuestións de calquera índole.

Marea de Vigo considera moi tendenciosa a interpretación realizada polo Concello de Vigo, xa que é pura negación do actual Plan de Mobilidade aprobado en 2009, que coloca miles de vehículos e ocupantes entrando diariamente na cidade “todos os dias e meses do ano”, non só no Nadal. O voceiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, non entende a necesidade de “esaxeración permanente dun alcalde que roza o ridículo, máxime cando os datos de ocupación hoteleira son bos e o número de visitantes na cidade tamén”.

“A cifra de 2 ou 3 millóns de visitantes de nadal é rotundamente falsa, salvo que calquera persoa non censada que veña á cidade ao criterio de Abel Caballero o fai exclusivamente polo nadal.” Segundo as contas do Concello, indica o voceiro, “se un veciño ou veciña de Mos -15.000 habitantes- viña a Vigo diariamente a traballar conta, segundo o criterio de Abel Caballero, como un dos delirantes 203.137 visitantes mosenses durante o Nadal, falseando os metadatos reais e contables para calcular a mobilidade que dá o Ministerio de Transportes, Mobilidad e Axenda Urbana dende xaneiro de 2022”.

Marea de Vigo considera que o estudo do impacto de visitantes na cidade polo Nadal, que é evidentemente positivo, ten que facerse de xeito serio e non manipulando e falseando a información. Ademais, debe facerse tendo en conta os puntos neurálxicos de entrada de visitantes e os fluxos de vehículos, toda vez que é evidente que os visitantes de Nadal o fan directamente en vehículo particular.

Por exemplo o propio PXOM fala de que no remate da A-55 na Avda. de Madrid, desde o Seminario ata a Praza de España, dase un IMD superior aos 60.000 veh/día, a autovía A-55 ten unha IMD de 47.600 vehículos/dia antes de entrar no municipio acadando 53.500 vehículos/dia en Bembrive e 38.000 vehículos/dia na avenida de Madrid ata o enlace da estación de autobuses. No límite do municipio a autovía A-52 acada un IMD de 40.000 veh/día que pasan de xeito maioritario á A-55 sendo o destino final deles o acceso á Cidade. A autoestrada AP-9 en Rande acada un IMD de 57.000 veh/día e na cidade, a AP-9V á altura do enlace da avenida Buenos Aires, acada 55.000 veh/día e no punto de remate final de contorno da Rúa Lepanto acada 35.000 veh/día. A circunvalación de Vigo, VG-20, presenta unha IMD de algo máis 27.000 veh/día e no treito final de Bouzas acada 15.000 veh/día. A autoestrada AG-57 de Val Miñor presenta os seus valores máximos en verano, con unha IMD de 14.000 veh/día. Se a todo este fluxo de vehículos se lle aplicara o criterio de identificar o titular dos móviles dos ocupantes como visitadores de nadal teríamos datos efectivamente altisimos, pero tamen no resto dos meses do ano, algo que calqueira persoa cun mínimo de criterio cuantitativo sabe perfectamente analizar.