marea de vigo denuncia que de novo oficinas de atención social pechan por falla de persoal
Por Marea de Vigo

A concelleira de Marea de Vigo, Oriana Méndez, denunciou hoxe que usuarios e traballadoras das UTS de Teis e Coia están alertando ben o peche das oficinas, ben a asistencia exclusica de persoas con cita previa, nunha evidente mala xestión de persoal e das bolsas de emprego de traballadoras sociais no Concello de Vigo.
Marea de Vigo considera que estas situacións son as que amosan a falla de recursos e que motivaron que hoxe o GM de Marea presentara emenda á totalidade aos Orzamentos do Concello para 2023 no pleno de aprobación dos mesmos.
18/11/2022
Marea de Vigo considera que o acontecido esta semana na UTS de Doutor Corbal, onde as persoas usuarias atoparon un cartel que di que a oficina está pechada “ate novo aviso todos os xoves e venres” e o feito de atopar a da rúa Quintela en Coia cun cartel que di “por falla de persoal os días 17 e 18 a oficina estará pechada atendendo exclusivamente a personas con cita previa” amosan unha evidente incapacidade de xestión das substitucións de traballadoras sociais por baixas, it ou vacacións “algo que ten que sen emendado de urxencia polo goberno local” sinala Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo.
Marea de Vigo lembra que tal e como recoñece o propio Concello “As UTS ou Unidades de Traballo Social son a “porta de entrada” ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal”.
Atoparse coas oficinas pechadas supón moitas veces que as persoas potencialmente vulnerables desistan en pedir axuda ou mesmo non teñan solucións de urxencia para problemas graves, polo que tendo en conta que Vigo é un concello con recursos en materia de capítulo 1 (emprego público) suficientes, non se explica como pode estar un servizo básico do concello sen capacidade de activar a bolsa de substitucións. Oriana Méndez lembra que no 2021 máis de 14 millóns de euros quedaron sen executar, e neste 2022 imos cara esa cifra na execucion orzamentaria cando quedan menos de 2 meses para rematar o ano.
Marea de Vigo considera que esta situación, unida ao feito de que Vigo está por debaixo dos 100 euros de gasto social por habitante”, é un dos motivos polos que hoxe o GM de Marea de Vigo presentou emenda á totalida aos orzamentos do Concello. “É evidente que algo falla cando unidades que dan información, valoración, diagnóstico e orientación á poboación no que respecta aos seus dereitos, recursos e intervencións sociais que lles poidan corresponder permanecen pechadas por falla de persoal”.
Estos peches non son ademáis novos, xa en febreiro deste ano, en concreto os días 18, 23, 24, 25 e 28 e como denunciara CCOO, a oficina de Coia permanecera pechada e só se atendera a persoas con cita previa coas traballadoras sociais e a técnica de inclusión social.