marea de vigo denuncia que os investimentos consignados ao uso de 45 millons de euros dos remanentes son prácticamente os mesmos que os empregados para xustificar o uso de 33 millóns no ano 2020.
Por Marea de Vigo

Marea de Vigo denuncia que os investimentos consignados ao uso de 45 millons de euros dos remanentes son prácticamente os mesmos que os empregados para xustificar o uso de 33 millóns no ano 2020.
Rubén Pérez: “Nin a Biblioteca pública de Teis, nin ducias de humanizacións, nin a peonalización da praza Elíptica, nin o Plan de Eficiencia Enerxética… , investimentos utilizados para xustificar o uso de 33 millóns de euros dos remanentes de tesourería do 2020 que xamais foron executados e agora volven a ser escusa para o acopio de 45 millons de euros”.
Vigo, 08-02-2022. Marea de Vigo afirma que o que se está facendo co anuncio de onte do Goberno local sobre unha nova mobilización dos remanentes “é unha pantomima en canto á mobilización de recursos que non chegan a executarse e non priorizan as cuestións que precisamente xustificaban esta mobilización: reactivar a economía da cidade despois dunha crise economica e social provocada pola covid” explica Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.
“A maioria das actuacións anunciadas son as mesmas que se anunciaron no ano 2020” sinala o voceiro municipal. Entre elas Marea de Vigo sinala o acondicionamento do antigo ambulatorio de Teis para unha bibioteca ou a reforma da antiga EDAR para un auditorio. “Moitas destas actuacións nin chegaron a licitarse e polo tanto non se executaron, e eses cartos pasaron ao superávit do ano 2020 – matiza Rubén Pérez -. Agora volven aparecer, duplicando a reserva de recursos para a mesma obra, e engordando deste xeito dun modo irreal o peto do superávit, feito que logo se cacarea como un logro de xestion e aforro cando so é un caso de neglixencia na xestión dos recursos económicos locais”.
Marea de Vigo segue a considerar que estes fondos, liberados para paliar os graves efectos da pandemia da covid, “teñen que servir para frear os niveis de exclusión social e apoiar aos sectores máis afectados pola crise como o comercio e hostaleria local, a pequena empresa, o sector cultural ou para completar o catálogo de servizos sociais” engade Rubén Pérez.