marea de vigo edita unha guía para que a cidadanía presente alegacións ao orzamento do concello de vigo

24 de Novembro de 2015

MAREA DE VIGO EDITA UNHA GUÍA PARA QUE A CIDADANÍA PRESENTE ALEGACIÓNS AO ORZAMENTO DO CONCELLO DE VIGO

Marea de Vigo pretende, unha vez que o Grupo Municipal presentou unha emenda á totalidade no pleno do pasado 9 de novembro, que agora sexan as e os cidadáns a título individual e colectivos sociais os que presenten alegacións no periodo legal que se abre coa publicación no BOP o acordo de aprobación inicial.

Repartirán máis de 1000 guías entre colectivos e espazos públicos da cidade de Vigo que explican de xeito sinxelo como presentar alegacións a un orzamento municipal e indicando onde consultar na web municipal e como presentar no rexistro do concello as propostas.

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo suliñou que este orzamento foi de novo feito sen abrir nin unha soa canle particitativa cos axentes sociais, co tecido asociativo e veciñal, que poderían ter presentando propostas ben diferentes en canto a prioridades recollidas neste proxecto de orzamento como a Marea de Vigo está a detectar en múltiples consultas que recibe o Grupo Municipal.