marea de vigo esixe aclaracións polas fumigacións de herbicidas con alta toxicidade en navia.

4 de Xullo de 2019

MAREA DE VIGO- SON EN COMÚN ESIXE ACLARACIÓN SOBRE AS FUMIGACIÓNS DE HERBICIDAS EN NAVIA E EN VARIOS BARRIOS DE VIGO CUNHA ALTA TOXICIDADE E A SÚA RELACIÓN CON VARIAS MASCOTAS INTOXICADA E INGRESADAS EN CENTROS VETERINARIOS DA CIDADE

Rubén Pérez, concelleiro de Marea de Vigo-Son en Común, informou hoxe que están a realizarse fumigacións no barrio de Navia, no Castro e noutros espacios axardinados da cidade por parte de operarios das concesionarias e esixe aclarar o contido dos productos empregados, informados como de “alta toxicidade” por parte dos propios traballadores e que poden estar relacionados cos ingresos de varios cans en centros veterinarios por intoxicacións.

Vigo, 04-07-2019. Marea de Vigo tivo tamén coñecemento esta semán de intoxicacións de cans despois de pasar por estas zonas e pide unha aclaración urxente sobre os contidos destos herbicidas e sobre os protocolos de aillamento e seguridade donde se aplican.

Marea de Vigo exise tamén saber se se está a empregar herbicidas con presencia de glifosato, composto químico que está sendo posto en dúbida na UE polos seus efectos nocivos e canceríxenos e que xa moitos concellos galegos (Ferrol, A Coruña, Santiago, Ames, Sada, Betanzos, Arzúa, Noia, Moraña, Poio, Marín, Vilaboa, Bueu, Cangas, Nigrán, Gondomar, Ponteareas, etc…) erradicaron por acordo plenario.

De ser este tipo de herbicida o espazo debería estar correctamente acotado e existe un protocolo especial para núcleos habitados, canles de auga, etc… que está sendo pasado por alto. En todo caso, Marea de Vigo-Son En Común lembra que en virtude da Directiva Marco para un uso sostible dos praguicidas e o Real Decreto 1311/2012, de estar empregándose esta tipoloxía de herbicidadas con glifosato o Concello de Vigo debería prohibilos de inmediato.

Marea de Vigo lembra igualmente que esta substancia está catalogada pola Axencia Internacional para a Investigación sobre o Cancro (IARC), dependente da Organización Mundial da Saúde (OMS), como “probablemente canceríxena para os seres humanos”.