marea de vigo esixe firmeza a caballero ante a ministra de facenda para que o fondo covid extraordinario sexa trasferido urxentemente aos concellos.

22 de Decembro de 2020

Marea de Vigo esixe firmeza a Caballero ante a Ministra de Facenda para que o fondo covid extraordinario sexa trasferido urxentemente aos concellos.

Oriana Méndez: “O pasado día 16, no Pleno de aprobación de uso dos remanentes, o alcalde anunciou o inminente acordo do fondo complementario para financiar as caídas de viaxeiros no transporte urbano, mais a día de hoxe aínda non existe e está a provocar serios problemas no persoal de concesións como a do transporte urbano de Vigo”.

O Grupo municipal levará ao pleno do día 30 unha moción denunciando o “desastre” de xestión desta concesión, pedindo explicacións polas decisións erróneas tomadas desde o concello e esixindo a remunicipalización do transporte público en Vigo para evitar estas situacións no futuro.

Vigo, 22-12-2020. Con independencia do posible uso dos remanentes, os acordos expresados na FEMP e no propio congreso dos deputados e deputadas falaban de fondos de financiación complementarios que xa recibiron as CCAA pero aínda non os concellos. “Fondos complementarios que permitan, entre outras cousas – matiza a concelleira – , compensar as baixadas de pasaxeiros/as e ingresos nas concesións e empresas públicas municipais de transporte urbano ou o inxente gasto de recursos en materia de cobertura social que dende marzo asumen os concellos ante a incapacidade e inacción das CCAA”.

“O orzamento do estado está aprobado e os máis de 3.000 millóns de euros que conteñen para este fin teñen que trasferirse de inmediato aos concellos – suliña Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo. – As comunidades autónomas si teñen xa transferidos máis de 16.000 millóns sen que, coma no caso sa Xunta de Galicia, teñamos claro que queren facer ou que servizos públicos van a reforzar, á vista da proposta actual de Orzamento da Xunta de Galicia”.

Marea de Vigo, que no día de onte mantivo xuntanza co comité de empresa de VITRASA ante a situación de impago da paga extra de decembro coa que a empresa pretende presionar ao Concello para o pago de máis de oito millóns de euros (dos que o Concello só recoñece dous), afirma que “non habilitar este fondo está obrigando aos concellos a realizar adiantos de recursos públicos que poderían ser empregados en atención social ou creación de actividade económica” apunta Oriana Méndez. O Grupo lembra que “Concellos como Sevilla xa empregaron o seu remanente para compensar o servizo de transporte, e en Vigo, co lastre dunha concesión ampliada que obriga xa de por si a compensar a VITRASA se non se alcanzan os 20 millóns de pasaxeiros, vai ter que realizar xa pagos á concesionaria sen ter novas do fondo estatal prometido”.

O propio concello recoñece que “coa ampliación que permitía o artigo 34.4 do Real Decreto-lei 8/2020 de 17 de marzo de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19 non abonda para compensar a VITRASA”, xa que o o decreto di que los contratos públicos de concesión de obras y de concesión de servicios vigentes a la entrada en vigor de este real decreto-ley, celebrados por las entidades pertenecientes al Sector Público en el sentido definido en el artículo 3 de la Ley 9/2017, de 8 de noviembre, la situación de hecho creada por el COVID-19 y las medidas adoptadas por el Estado, las comunidades autónomas o la Administración local para combatirlo darán derecho al concesionario al restablecimiento del equilibrio económico del contrato mediante, según proceda en cada caso, la ampliación de su duración inicial hasta un máximo de un 15 por 100 o mediante la modificación de las cláusulas de contenido económico incluidas en el contrato.

A ampliación de 5 anos que acordou a Xunta de Goberno Local, non só excede ese 15% senón que “non era necesaria xa que a VITRASA hai que compensarlle xa por contrato todo o que non sexa ter 20 millóns de pasaxeiros/as, e as decisións unipersonais do alcalde de mandar a cada vigués e viguesa unha carta coa súa cara para anunciar a Passvigo, ou a renovación frenética da flota que se acometeu estos anos eran accións absolutamente innecesarias” finaliza Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo.