marea de vigo esixe celeridade a xunta e concello para a concreción do futuro da escola infantil de santa marta.

21 de Xullo de 2021

Marea de Vigo esixe celeridade á Xunta e Concello para a concreción do futuro da escola infantil de Santa Marta.

 

Oriana Méndez: “Emprazamos á Xunta a que resolva rapidamente o relativo as súas competencias en educación, e ao Concello a que axilice ao maximo a nova localización para a tranquilidade dos pais, nais e profesorado da escola infantil Santa Marta”.

 

Vigo, 21-07-2021. O vindeiro venres 23 de xullo irá ao Pleno a aprobación definitiva da modificacion puntual do PXOM para a reordenación do ámbito do Barrio do Cura sen ter resolto a ubicación da escola infantil de Santa Marta previsiblemente proxectada no Instituto Municipal de Educacion. “Desde a Marea de Vigo instamos ao Concello a aclarar de xeito inmediato o futuro da escola e á Xunta a que responda ao proxecto enviado polo Concello” sinala Oriana Méndez, concelleira do Grupo municipal da Marea de Vigo.

Segundo o convenio urbanístico, é obrigatorio a construción dunha nova escola no ámbito do barrio, “de feito non facelo sería un delito urbanístico” apunta Oriana Méndez. “O problema agora, tal e como auguramos no pasado mes de febreiro, é o tempo entre a demolición da actual escola e o funcionamento da nova, a situación do persoal e as alternativas para os pais e nais – engade a concelleira – . Era fácil ter unha previsión sobre como e cando ian empezar as obras, sobre e como e cando se produciría o traslado á nova escola infantil”.

“De non mudar a situación actual, ao final si que imos ser a primeira cidade do estado que pecha e destrúe prazas de ensino público de 0 a 3 anos matiza a concelleira”.