marea de vigo esixe claridade nos prazos de resposta ás alegacions ao novo pxom.
Por Marea de Vigo

Marea de Vigo esixe claridade nos prazos de resposta ás alegacions ao novo PXOM.
Rubén Pérez: “O Goberno local debe elaborar un calendario para evitar de novo empregar o mes de agosto para aprobar o informe de alegacions así como outros tramites relacionados co PXOM”
Marea de Vigo denuncia o silencio administrativo do Concello cando se cumplen xa tres anos dende a aprobación do IOP (Instrumento de Ordenación Provisional) e teme que se informe das alegacións de xeito colectivo mediante un documento único en agosto cando a cidade e o tecido social e veciñal está desactivado.
26-07-2022. Quedando só medio ano para a aprobación definitiva do Plan Xeral, Marea de Vigo se teme que, outra vez, o Goberno de Abel Caballero acelere o proceso e aproveite novamente o mes de agosto para “quitarse de enriba as máis de 4000 alegacións presentadas” afirma Rubén Pérez.
Marea de Vigo denuncia que se trata xa dunha “práctica habitual” deste Goberno, “intentar solventar no mes de agosto todo aquelo que poida xerar algún tipo de polémica ou complicación co fin de minimizar a resposta veciñal” matiza o voceiro. Ademais, o Grupo incide na problemática engadida para as persoas que fixeron alegacións pola vía administrativa e deciden continuar pola xudicial, xa que, segundo explica Rubén Pérez, “é un feito que se van atopar con moitas máis dificultades para atopar abogado/a que se poida ocupar das súas alegacions nesta época do ano”.
Marea de Vigo fai un chamamento ao Goberno de Abel Caballero para “desterrar este tipo de prácticas”, por moito que logo se acabe ampliando o tempo de trámite administrativo, “algo que a día de hoxe non se pode saber” sinala Pérez.
Marea de Vigo quere saber se se van respostar de xeito individualizado todas as alegacións presentadas, “sendo isto o lóxico e esperado”, se vai haber resposta ás alegacións feitas de xeito colectivo como as do vial na A52, e se a veciñanza vai ter acceso a algún tipo de explicación sobre as súas alegacións. “Esta maneira de entender o urbanismo como algo alleo á vontade da cidadanía é unha práctica habitual do Goberno de Abel Caballero que debe ser desterrada definitivamente” conclúe o voceiro municipal.