marea de vigo esixe políticas públicas de vivenda “máis aló de cumprir os convenios urbanísticos”.

8 de Agosto de 2022

Marea de Vigo esixe políticas públicas de vivenda “máis aló de cumprir os convenios urbanísticos”.

Rubén Pérez: “Anunciar de xeito triunfalista a obtencion de seis vivendas simplemente por dar cumprimento á lexislación cando noutras cidades se están anunciando políticas expansivas de vivenda resulta ridículo e absolutamente insuficiente”.

Vigo, 08-08-2022. O Goberno de Abel Caballero anunciaba nos pasados días a obtención de seis vivendas para ser adicadas a familias en risco de exclusión. “Vivendas que forman parte do aproveitemento lucrativo que ten o Concello de Vigo froito de convenios urbanísticos con outras administracións públicas ou con promotoras privadas” aclara o voceiro municipal, Rubén Pérez.

Para a Marea de Vigo, nunha cidade onde hai máis de 4000 demandantes de vivenda protexida, “banagloriarse de poñer a disposición de familias que así o precisan únicamente seis vivendas, cando se ten capacidade de facer moito máis, resulta insultante” sinala Pérez, facendo referencia á existencia de multitude de inmobles na cidade “en situacións nas que o Concello pode aplicar a lei e facerse cargo para a súa futura inclusión nun parque municipal de vivenda pública, como o caso do rexistro de soares en ruina” engade.

Todo isto, segundo a Marea de Vigo, “dase nunha situación todavía máis agravada pola desaparición de mercado de algueiro convenional na cidade” afirma o voceiro; tendo en conta a previsión dun futuro mes de setembro con grandes dificultades para moitas familias, susceptibles de ser usuarias de vivenda de emerxencia.

O Concello de Vigo “ten aínda moita marxe” para obter vivendas na cidade, comá é o caso das vivendas da rúa Aragón, propiedade da Sareb, onde xa se están facendo proxectos de urbanización contíguos na vía pública. “Neste caso, o Concello debería estar xa esixindo á Sareb o dereito de uso dunha parte desas vivendas para poder xestionalas dende a administración local, xa que o propio Concello vai acometer a urbanización perimetral deste bloque de edificios” lembra Rubén Pérez.