marea de vigo esixirá o cumprimento da sentenza gañada polo seu grupo municipal.

7 de Decembro de 2021

Marea de Vigo esixirá o cumprimento da sentenza gañada polo seu Grupo municipal na que se obriga a proveer as xefaturas de servizo mediante concurso e non por designación de concelleiros para evitar a existencia de casos como o do funcionario Orúe.

A sentenza, a raíz da denuncia da Marea de Vigo, obriga a proveer as ducias de xefaturas encadadras nos grupos A1 e A2 mediante procedementos baseados nos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade en lugar da libre designación por motivos excepcionais que de xeito abusivo e durante máis de 30 anos estiveron levando a cabo os sucesivos Gobernos municipais de PP, BNG e PSOE. Un método que fixo que funcionarios públicos, en ocasións militantes dos diferentes partidos, ocupasen as xefaturas de servizo extralimitando incluso o límite legal de tempo para facelo.

Vigo, 7-12-2021. Marea de Vigo lembra que sentenza foi clara ao sinalar que: debo declarar y declaro contrario al ordenamiento jurídico, tanto el apartado Sexto del Acuerdo adoptado por la Xunta de Goberno Local del Concello de Vigo, 11 de 15.1.2018 por el que aprobó la modificación puntual de la vigente RPT, reorganización de servicios, readscripción y revisión de retribuciones de puestos, como el Acuerdo de 12.4.2018 por el que se aprueban las bases rectoras de la convocatoria para la provisión definitiva, por el sistema de libre designación, de cuatro puestos de trabajo pertenecientes al subgrupo A1. Ambos acuerdos los anulo y dejo sin efecto, así como todos los actos que tomen causa de ellos. Desestimo el resto de pedimentos contenidos en la demanda “e que mesmo en marzo de 2019 o Xulgado do Contencioso nº 1 de Vigo declarou coma sentenza firme, esixindo ao Concello o cumprimento da mesma” engade Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

Posteriormente, o sindicato CCOO, gañou unha nova sentenza que, entre outras “reprimendas” á práctica laboral do Concello, instou a que no tocante aos postos A1 e A2, estes teñen que ser inescusablemente provistos con carácter definitivo co sistema que legalmente se preveea con convocatoria pública e concurso público. “Isto a data de hoxe é inexistente no Concello de Vigo e xefaturas de suma importancia como a policía local, bombeiros, contratación, servizo xurídico, persoal, etc.. son ocupadas por persoal funcionario por decisión estritamente política – afirma o voceiro – , algo que é un perigoso caldo de cultivo para posibles prácticas clienterales, e privilexios nos contratos públicos dunhas empresas sobre outras”.

Marea de Vigo segue tendo tamén claro que “algúns dos factores que explican maiorías absolutas constrúense sobre redes clientelares con empresas concesionarias e tamén sobre a realidade de que unha das primeiras decisións que toma Abel Caballero como alcalde nada máis aterrar foi poñer a unha serie de funcionarios/as en certos postos de xefaturas mediante o sistema de libre designación, mesmo cesando a funcionarios que ocupaban estas xefaturas, para colocar a militantes do partido ou afins nas mesmas, algo que soamente se pode facer como excepción e debidamente xustificada a natureza dos motivos que impiden o concurso oposición” matiza Pérez.

Marea de Vigo lembra que a propia sentenza di que cando se recurre ao sistema excepcional de provisión por libre designación é preciso xustificar a ideoneidade dese procedemento para o posto de traballo en particular, en detrimento do ordinario (concurso) ben sexa polas singulares características de complexidade, volume, contido ou outras circunstancias excepcionais, que terán que ser debidamente esplicitadas. “No caso do Concello de Vigo, por desgraza, o que debería ser un procedemento singular, convertiuse na norma xeral en máis de 30 anos” conclúe o voceiro municipal.

Enlace á sentenza:
senteza xefaturas