marea de vigo felicita o cadro de persoal de parques e xardíns polo éxito da folga mantida durante 11 dias

9 de Outubro de 2015

MAREA DE VIGO FELICITA O CADRO DE PERSOAL DE PARQUES E XARDÍNS POLO ÉXITO DA FOLGA MANTIDA DURANTE 11 DIAS

O Grupo Municipal da Marea de Vigo felicita as e os traballadores da concesionaria de parques e xardíns que, con gran xenerosidade, mantivéronse firmes na folga mantida durante os pasados 11 días co obxecto da aplicación do convenio colectivo a unha decena de traballadores os que a empresa lles pretendía aplicar o de ámbito estatal.

Unha vez máis, demóstrase que a unión das e dos traballadores é o único camiño para conseguir que se respecten os dereitos colectivos acadados durante anos pola clase traballadora, dereitos que nos últimos anos estamos vendo como se desmoronan a golpe de reformas laborais.

A Marea de Vigo considera que o éxito desta loita só pode ser atribuíble ó colectivo de traballadores e traballadoras da concesionaria de parques e xardíns, Althenia, que onte mantivo unha maratoniana negociación coa empresa durante aproximadamente 10 horas, despois de aguantar 11 días de paro. Feito que podía terse evitado se o Concello e o Concelleiro de Parques e Xardíns asumiran a responsabilidade que lles compete nesta cuestión.

A Marea de Vigo tamén lle preocupa que este tipo de situacións se volvan a repetir, a merma dos postos de traballo nas concesións municipais froito da baixada do prezo nas mesmas, neste caso en aproximadamente 7 millóns de euros, feito que estamos a ver noutras concesións públicas, e anima o persoal das mesmas a que se fagan “auditores” do que aconteza nas mesas de contratación.