marea de vigo insta a recuperar de xeito urxente programas de ocio alternativo para a mocidade

2 de Novembro de 2022

audio da nota:

Marea de Vigo considera que o deserto que supón a programación de ocio, cultura específica para os mozos e mozas que se leva practicando varias lexislaturas sumado a un factor sociolóxico presente trala pandemia na mocidade que xa se detecta en moitas cidades é un calvo de cultivo perfecto para a xeneralización destas realidades”

Vigo, 2 de novembro de 2022.

Marea de Vigo considera que a protesta de veciños e veciñas ou hostaleiros é so unha parte dun problema de envergadura social que estamos a vivir e que fai revivir un efecto presente nos anos 80 e 90, a falla de alternativas de ocio dos mozos e mozas nun contexto ademáis de falla de recursos económicos, vivenda, emprego digno que permitan organizar unha vida autónoma, plena e con tempos para todo. “En Vigo un mozo ou moza pouco ten que facer salvo deambular polos centros comerciais, portais ou facer botellón. É triste pero é un panorama cada vez máis evidente e que os mesmos mozas e mozas, nos escasos espazos nos que se lle da voz, verbalizan sistemáticamente” Sinala Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

Marea de Vigo considera que mentrar nas últimas lexislaturas “desmantelamos os programas de ocio alternativo como a práctica totalidade das actividades da Casa da Xuventude, o exitoso Súbete ao Castro, as noites vivas, tardamos máis dun ano en reactivar o Vigo Sónico con excusas peregrinas; programas culturais para poboación adulta ou maior comportan máis do 80% do gasto orzamentario neste capítulo, alonxamos os centros culturais das AAVV dos novos espazos e xeitos de interactuar culturalmente á mocidade, deseñamos unha cidade ligada ao ocio relacionado co consumo de alcohol con barra libre a terrazas e hostelería, mentras todo isto acontece análogamente nos botamos as máns á cabeza se unha xeración de mozos e mozas socializa exclusivamente no fenómeno dos macrobotellón, cuxa realidade ten unha dimensión máis sociolóxica incluso que de propio ocio nocturo”.

Marea de Vigo considera que o que lle corresponde agora á administración e, tanto recuperar programas de ocio alternativo desmantelados e crear novos adaptados ás novas realidades da mocidade como adaptar a normativa e as actuacións para garantir o dereito ao descanso de veciños e veciñas e o desenvolvemento da actividade hosteleira con normalidade nas zonas donde está presente. Urxe a actualización da Ordenanza de protección contra a contaminación acústica producida por ruídos e vibracións que apenas contou con modificacións dende a aprobación no ano 2000, donde quedou xa patente que era insuficiente aos poucos meses, e urxea ampliación das Z.A.S. (Zonas Acústicamente Saturadas) ao calor da revisión que se está realizando dende setembro de 2022 do Mapa Estratéxico de Ruídos.