marea de vigo lémbralle a abel caballero que é o alcalde dos traballadores e traballadoras da psa de vigo non accionista do grupo.

30 de Xullo de 2015

MAREA DE VIGO LÉMBRALLE A ABEL CABALLERO QUE É O ALCALDE DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA PSA DE VIGO NON ACCIONISTA DO GRUPO.

O voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera “infames e mentireiras” as declaracións do alcalde acusando a Marea de Vigo de querer pechar PSA en Vigo e suliña que “quen colabora co novo plan industrial do grupo que ten como bandeira o sistema de síncronos longos e do que forma parte a ampliación de Balaídos” está colaborando coa destrucción de emprego na factoría e a precarización e a deslocalización do emprego.

Marea de Vigo defende unha PSA en Vigo con máis plantilla, con máis dereitos e sen sistemas de fabricación semifeudais, e pide que a corporación esixa o mesmo en vez de ser “unha facilitadora de externalizaciones a ETT´S e empresas de servicios no centro de Vigo”.

Rubén Pérez, voceiro municipal da Marea de Vigo, considera que Vigo ten feito esforzos urbanísticos e de infraestructura sempre “a medida da fábrica”, cando precisaban os proveedores cerca da factoría co sistema “just in time”, as ampliacións portuarías, exencións de impostos municipais, plans de emprego, etc. é a resposta é perder máis emprego na factoría e introducir condicións de traballo cada vez máis duras.

Marea de Vigo lembra que non existen compromisos de emprego do grupo que preside Carlos Tavarés nin coa chegada de novos modelos nin coa ampliación da Balaídos que corresponde en parte ao suposto plan industrial de mellora loxística introducido co sistema Lean e que permite, co sistema de síncronos longos, que o suministro de pezas alónguese a 7 horas o que permite aos proveedores evitar estar preto do centro de Vigo e trasladarse non só ao norte de Portugal (cousa que recomendaba o propio presidente do grupo) senón mesmo ao norte de Portugal.

Marea de Vigo lembra que o ACORDO DE MEDIDAS DE COMPETITIVIDADE DE PSA-PEUGEOT CITROEN PARA OS ANOS 2015 a 2019 presentado polo grupo ás seccións sindicais incide no feito de que o principal motor da planificación industrial do grupo para Vigo e reducir os custes laborais en base a novas categorías salariais á baixa xustificadas para contrarrestas (citamos textualmente), “… la irrupción de países emergentes. Disponemos de un diferencial positivo respecto a los constructores de Europa del norte, pero la horquilla de costes se sitúa por encima de países del este de Europa, Portugal y latitudes más al sur, con las que debemos competir”

Marea de Vigo pedirá responsabilidades políticas se un novo sacrificio da cidadanía de Vigo e da parroquia de Matamá como é a ampliación de Balaídos NON GARANTIZA MÁIS POSTOS DE TRABALLO no centro productivo e na industrial auxiliar.