marea de vigo lémbralle ao goberno local que non se pode escudar na sentenza sobre a ampliación de aqualia para xustificar decisións políticas.

8 de Setembro de 2022

Marea de Vigo lémbralle ao Goberno local que non se pode escudar na sentenza sobre a ampliación de Aqualia para xustificar decisións políticas.

Rubén Pérez: “Dicir que a sentenza vén validar as políticas de xestión da auga en Vigo é rotundamente falso. O único que dí a sentenza é que ‘legalmente pódese facer a ampliación’, máis desde a Marea de Vigo queremos lembrar que trátase dunha cuestión política, sobre se se queren facer políticas progresistas de recuperación de servizos públicos ou persistir no engorde das contas de resultados dunha empresa privada”.

Marea de Vigo seguirá defendiendo o modelo de xestión público directo da auga que xa opera en varias cidades no conxunto do estado.

Vigo, 08-09-2022. A sentenza sobre a amplicación de Aqualia “non altera a cuestión verdaderamente importante – afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal – ; o fracaso dos modelos de xestión privatizado da auga así como o feito de poñer os investimentos como a escusa para manter o negocio dunha empresa privada”. Marea de Vigo tamén quere lembrar que “o que sí que hai é un incumprimiento da palabra dada á cidadanía viguesa por parte do alcalde” matiza Rubén Pérez.

Tras o acontecido no Pleno de onte, Marea de Vigo incide que no tocante á xestión da auga, “non se trata da legalidade da ampliación senón da perda da oportunidade política para acabar cun contrato absolutamente inxusto coa cidade” apunta Pérez, un contrato “que contén cláusulas obsoletas, e que foi precisamente o que motivou a demanda por parte doutra empresa xestora de auga, Viaqua”.

Desde a Marea de Vigo sempre se defendeu e se defenderá a posibilidade da recuperación dunha empresa de xestión 100% pública como foi Emavisa, e pon como exemplos o concellos como Valladolid, “que recentemente levou a cabo un proceso de remunicipalización da auga” conclúe o voceiro.