marea de vigo leva ao pleno do concello o aumento de violencias machistas na cidade e a reprobación do acontecido no congreso contra a ministra de igualdade irene montero
Por Marea de Vigo

Marea de Vigo rexistrou hoxe unha moción que levará o vindeiro mércores ao pleno do Concello xa que considera que as actitudes machistas como a vivida no Congreso dos Deputados onte e os incrementos de casos de violencia contra as mulleres no primeiro semestre de 2022 “son claro síntoma de que as políticas públicas de sensibilización e erradicación de esta lacra son insuficientes en todos os estamentos institucionais, tamén no eido local”
Marea de Vigo considera que cando se apaguen os focos mediáticos do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a violencia, á conmoción que queda dos datos oficiais de violencias machistas (que en Vigo repuntan cun aumento dun 5% no primeiro semestre de 2022) ven a sumarse a intervención dunha deputada fascista no Congreso dos Deputados cun intolerable sesgo machista cara a Ministra de Igualdade Irene Montero. “Unha intervención inaudita no hemiciclo e que pon xa todas as alarmas na indecencia política coa que a extrema dereita actúa nas institucións democráticas, nos gobernos donde está presente como Castela a Mancha e por desgraza en moitos espacios públicos e donde interactúamos socialmente” Sinala Oriana Méndez, Concelleira da Marea de Vigo.
O grupo municipal de Marea de Vigo considera especialmente preocupante o acontecido neste 2022 en mareria de loita contra as violencias machistas xa que sumado a esta perda de pudor do fascismo os datos globais de violencias machistas, seguen aumentando e cronificandose os casos de violencias de todo tipo, especialmente nun contexto de crise económica relacionada cos aumentos de prezos dos productos básicos e da vivenda que xera ademáis escenarios de incertidume social que son caldo de cultivo perfecto para moitas violencias. Non en van, as crises anteriores aumentaron as desigualdades e a discriminación e esta nova crise volve facer o mesmo. A maioría das mulleres atópanse nas posicións máis precarias e vulnerables tanto no aspecto laboral como social.
Segundo o informe do Consello do Poder Xudicial durante o ano 2021, 159.354 mulleres foron vítimas de violencia de xénero. Os Xulgados de Violencia sobre a Muller rexistraron 220.483 causas penais, das cales o 63% foron por lesións e malos tratos, o 11,2% por incumprimentos de medidas de protección e o 7,6% por incumprimentos de sentenzas. Na nosa cidade por exemplo, de non tramitarse no 2021 ningunha denuncia por violencia de xénero continúada no entorno dunha parella (as menos habituais e máis costosas de levar adiante por mulleres que levan toda unha vida sufrindoa) entre xaneiro e xuño deste ano xa levamos 28.
Marea de Vigo proporá a condea do pleno do Concello de Vigo dos gravísimos insultos e insunuacións machistas verquidas nestes meses en sede parlamentaria contra a Ministra de Igualdade, Irene Montero e o resto de mulleres que están a desempeñar o seu traballo no Ministerio de Igualdade e organismos de el dependente así como a implantación en toda a administración pública local do Concello de Vigo do catálogo de medidas urxentes aprobado polo Consello de Ministros do 27 de xullo de 2021, do Plan de Mellora e Contra a Violencia de Xénero e que implica o Ministerio de Igualdade, Xustiza, Interior, Sanidade, Dereitos Sociais e Axenda 2030. Para avanzar na erradicación da violencia estrutural contra as mulleres.
MOCIÓN PRESENTADA: