marea de vigo leva ao pleno de abril a situación do transporte ferroviario entre coruña e vigo
Por Marea de Vigo

audio da nova:
Marea de Vigo e Podemos mantiveron a semana pasada unha xuntanza coa plataforma de persoas usuarias do tren de media distancia Vigo-Coruña e cualifican a situación dos horarios e retrasos como xa insostible, polo que trasladarán ao pleno do Concello unha moción para solicitar de xeito urxente medidas que eviten que o ferrocarril sexa un inconvinte e non unha oportunidade para a mobilidade sostible entre as dúas maiores cidade de Galicia.
18/04/2023
A moción que foi preparada pola plataforma lembra que o Pleno do Concello do día 25 de Maio de 2022 debateu unha moción solicitando a mellora do servizo ferroviario de Media Distancia: reposición dos servizos eliminados pola pandemia, oferta de servizos de media distancia en convivencia coa longa distancia pero útil en horarios para o uso cotiá de traballadores e estudantes, mellorar a fiabilidade e puntualidade dos servizos e adaptar a política de prezos mellorando os abonos. “Pese a este debate un ano despois seguimos nunha situación de falla de reposición de todas as frecuencias ao que se suma os graves retrasos nas chegadas” sinala o voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez.
Toda esta situación está a producirse incluso pese a que o Ministerio de Transportes (en consonancia coas demandas da sociedade civil, os incrementos dos custes dos combustibles e os compromisos adquiridos no marco da Axenda 2030) recoñeceu a necesidade de realizar melloras na media distancia e implantando finalmente abonos gratuítos para favorecer o uso masivo para persoas usuarias recorrentes dos servizos ferroviarios de media distancia na mobilidade cotiá.
A moción denuncia tamén que existe un desaxuste de horarios nas horas de entrada e retorno laborais máis acusadas en Vigo e A Coruña, extremos do Eixo Atlántico. Non hai trens na modalidade de Media Distancia que é a que ofrece tempos mais competitivos que cheguen a Vigo ou a Coruña antes das 8 e a Santiago chegan cos retrasos rozando as 8. Dende A Coruña non hai trens entre 15:00 e 17:00 para que os vigueses volten e o mesmo acontece nas últimas horas da tarde nas que moitos vigueses ou non teñen tren dende a Coruña ou Santiago de Compostela ou teñen que recorrer a trens rexionais con penalización de tempos e conciliación persoal.
Do mesmo xeito, falta fiabilidade no servizo por atrasos, incidencias e avarías e cómputo arbitrario da hora de chegada que é obxecto dun Plan de Mellora da Puntualidade exixido a Renfe e Adif polo Goberno.
A moción que defenderá o Grupo Municipal de Marea de Vigo no pleno considera que “xa que este servizo atende, principalmente, a usuarios recorrentes con desprazamentos asociados ao traballo ou aos estudos e, polo tanto, son necesarios para permitir a conciliación familiar e garantir a igualdade de oportunidades, faise imprescindible unha posición máis dinámica e facer unha revisión da oferta programa de servizos públicos ferroviarios 2018 – 2027 para atender, como contempla o contrato programa ás necesidades e aumento de demandas xurdidas nestes últimos anos, ben polo cambio de costumes derivados da pandemia, pola concienciación ambiental ou polo aumento desmedido dos custos que conduce a un maior uso do transporte público colectivo”
O pleno do Concello de Vigo instar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a entidade pública RENFE e ADIF a mellorar e incrementar os servizos de Media Distancia no Eixo Atlántico adaptándoo ás necesidades dos usuarios, facilitando as conexións nos horarios acordados, adaptando as frecuencias nos servizos de Media Distancia de xeito que se facilite a súa utilización nos horarios habituais de entrada e saída do traballo.
O pleno do Concello de Vigo instar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana Garantir a puntualidade e fiabilidade dos servizos e rexistros de tempos de viaxe de Media Distancia convencional ou Avant, vixiando a execución real do servizo e dos avances do Plan de Mellora da Puntualiade requerido polo Goberno a ambas empresas públicas en Galicia.