marea de vigo leva ao pleno de mañá mércores unha moción en defensa da reforma da lei do aborto
Por Marea de Vigo

Marea de Vigo considera que todas as administracións públicas como o Concello de Vigo teñen que manifestarse en apoio do contido da reforma da lei do aborto que o pasado 15 de decembro saíu aprobada no Congreso dos Deputados e Deputadas “polos evidentes avances en dereitos das mulleres que contén e por garantizar e protexer as decisións das mulleres da nosa cidade fronte a unha campaña da dereita máis rancia por limitalos e que ten a súa máxima expresión no que acontece co protocolo que tenta aprobar a C.A. de Castela e León.
23/01/2023
Marea de Vigo considera urxente e necesario que o pleno do Concello de Vigo tome consciencia da importancia das tentativas de boicot a unha reforma da lei do aborto que “ten unha dimensión garantista e de ampliación dos dereitos reproductivos das mulleres” xa que, entre outras cousas, incorpora á anterior lei (de 2010) cuestións amplamente demandadas como é a eliminación da posibilidade de que un facultativo obxector de conciencia forme parte dos comités que avalían a posibilidade de realizar aborto pasadas as 22 semanas de xestación ou que a paciente poida acudir á vía xurisdicional no caso de negativa deste comité.
Oriana Méndez, Concelleira do GM da Marea de Vigo lembra que “este acordo parlamentario que reforma a norma aprobada no ano 2010 supón aumentar as garantías sanitarias, os dereitos, e especialmente a protección legal das mulleres que libremente optan por exercer o dereito a dispor do seu corpo e da interrupción voluntaria do embarazo. Un dereito básico e socialmente recoñecido como un dos máis defendidos e vindicados polos movementos feministas e a sociedade en xeral”
Marea de Vigo considera necesario refrendar no pleno o apoio maioritario a esta lei xa que de igual modo se incorporan articulados garantistas para evitar que os profesionais sanitarios que non sexan obxectores sexan relegados exclusivamente á práctica do aborto nos sistemas sanitarios autonómicos, así como implementar analogamente a isto unha homoxeneización dos dereitos a interrupción do embarazo na sanidade pública a nivel estatal, evitando a existencia de territorios onde non se practican abortos e a necesaria dispensa gratuíta de métodos anticonceptivos como tamén da píldora do día despois.
Marea de Vigo pide na moción ademáis do apoio á reforma da lei unha “reprobación contundente de actitudes como as do goberno de CyL ao anunciar trabas e obstaculizacións para que a reforma da lei non teña percorrido nos seu sistema público de saúde anunciando un “Protocolo de Atención á Mulleres Embarazadas” claramente orientado a boicotear a nova lei do aborto. “Declaracións por desgraza presentes nos discursos de moitos dirixentes e cargos institucionais do PP que téñense pronunciado en redes sociais e en diversos escenarios institucionais con declaracións moi críticas coa reforma da lei e que fan presaxiar que o acontecido en Castela e León pode que non sexa nin anecdótico nin illado.