marea de vigo leva a pleno unha moción esixindo medidas concretas en ámbito local para que as políticas de defensa dos dereitos das persoas lgtbi+ sexan garantidos.

28 de Xuño de 2022

Marea de Vigo leva a Pleno unha moción esixindo medidas concretas en ámbito local para que as políticas de defensa dos dereitos das persoas LGTBI+ sexan garantidos.

Rubén Pérez: “Máis aló das necesarias declaracións intitucionais, existen medidas a implementar dende a administración local para que nun contexto de aumento das agresións lgtbifóbicas, ou de incerteza económica e social que teñen un impacto nesta comunidade de xeito máis evidente, os concellos sexan verdadeiros muros de contención de políticas de odio e discriminación por motivos de liberdade sexual”

Marea de Vigo constata que existe un serio risco de regresión nos dereitos das persoas LGTBI+. Os países nos que se foron consolidando as conquistas históricas do colectivo LGTBI+ están en perigo de vivir unha involución política, social e económica.

Vigo, 28-06-2022. O auxe dos movementos autoritarios de ultradereita, o populismo conservador e o fascismo, ábrense camiño nunha sociedade asustada e magullada pola crise sanitaria derivada da COVID19 e a incerteza dos tempos que veñen. “Estes movementos defenden un ideario político que ten ao colectivo LGTBI+ como un dos seus brancos” afirma Rubén Pérez. En consecuencia, “todos os dereitos conquiatados están en perigo”.

A moción que defenderá mañá Marea de Vigo denuncia que nada do pouco conquistado aínda en materia de dereitos LGTBI+ é irreversible, e que estes dereitos poden ser borrados, de xeito que de novo o colectivo LGTBI+ podida acabar abeirado, recluído en espazos pechados, “armarizado” socialmente e devaluado, cun status de cidadanía de segunda categoría. Marea de Vigo considera que “o inmenso traballo que lle queda aínda aos colectivos de defensa de dereitos da comunidade LGTBI+ ten que ter aliados permanentemente no eido institucional, especialmente na administración que máis apegada está ao territorio e á cidadanía como é o ámbito da administración local – sinala o voceiro -, ámbito no que as políticas LGTBI+ aínda se desenvolven de xeito tímido e con dotacións orzamentarias insuficientes”.

Pérez incide na necesidade de que, ademais de declaracións institucionais, son necesarios “feitos concretos nos orzamentos e nas prácticas políticas locais nesta materia”. Porque “non vale co recoñecemento ou manifestar preocupacións, como habitualmente recollen as declaracións institucionais públicas”, que sendo importantes non centran o debate no que pode realizar un concello en materia de políticas LGTBI+ neste caso.

A moción de Marea de Vigo insta a que o Goberno local contribúa, nas competencias que lle son propias, ao desenvolvemento e aplicación de todas as medidas previstas na lexislación vixente contra toda discriminación por orientación sexual, identidade de xénero e diversidade familiar, coa finalidade de erradicar da nosa sociedade calquera tipo de LGTBIfobia no ámbito familiar, escolar, laboral, social e/ou político dotando de asignacion orzamentaria suficiente nos orzamentos municipais anuais. Para iso, a moción propón tanto unha campaña que visibilice a diversidade de orientacións e identidades de xénero non normativas e a que reforce notablemente as conmemoracións principais do movemento LGTBI+: como o 17 de maio (día internacional contra a LGTBIfobia) e o 28 de xuño (día do Orgullo e a Liberación LGTBI+), a formación específica en loita e prevención da lgtbifobia dos pesonal municipal (especialmente da policía local), dotar ás bibliotecas pública de fondos bibliográficos que contribúan a esa loita contra dende o enfoque da diversidade e dos dereitos humanos máis básicos, a prevención do acoso escolar mediante políticas compartidas pola administración local e autonómica, á creación dunha unidade de traballo dentro da oficina de Valedor do Cidadán que analice, estude e promocione que a administración local este adaptada a unha sociedade diversa, inclusiva e igualitaria e mesmo, entre outras medidas que propón o grupo municipal da Marea de Vigo.

📌 Moción rexistrada 👉🏼  mocion MdV xuño 2022 rexistrada