marea de vigo levará ao vindeiro pleno unha moción sobre a situación do servizo de transporte urbano coa concesionaria vitrasa.

16 de Maio de 2022

Marea de Vigo levará ao vindeiro Pleno unha moción sobre a situación do servizo de transporte urbano coa concesionaria VITRASA.

Marea de Vigo instará ao Goberno local a iniciar os trámites para a remunicipalización do servizo.

Rubén Pérez: “A pesar da inxente cantidade de cartos públicos que ten recibido VITRASA no pasado ano, a empresa persiste en utilizar ao persoal e a posibilidade dun descolgue salarial argumentando que a concesión non é rendible, polo que pedímoslle ao Goberno local que de xeito inmediato lle trasladarlle á empresa concesionaria que debe paralizar esa tentativa de descolgue salarial”.

Vigo, 16-05-2022. No vindeiro Pleno do mes de maio, o Grupo municipal da Marea de Vigo defenderá unha moción pedindo a toma de medidas inmediatas para poñer fin ás dinámicas do Grupo Avanza para co Concello de Vigo, “unha empresa que leva meses coaccionando ao Goberno de Abel Caballero sen ter recibido ningún tipo de contundencia nas resposta e levando ao persoal á conflictividade permanente” sinala Rubén Pérez, voceiro do Grupo.

Marea de Vigo trasladará na moción que “co que queda por amortizar do contrato e cun orzamento expansivo como o noso é asumible xestionar de xeito directo este servizo, a través de empresa pública ou directamente” explica Pérez. “Xa é hora de fiscalizar o o uso dos recursos que pagamos todos os vigueses e viguesas polo transporte público” engade.

Igualmente, “ante a posible quebra da concesión, e sendo este un argumento tamén utilizado polo Grupo Avanza – incide Pérez -, propoñemos que a primeira opción deberá ser a xestión directa do servizo” .

En todo caso, Marea de Vigo considera que as actuacións de VITRASA e as permanentes ameazas de recortes de dereitos no seu persoal, “son razóns máis que suficiente para que o Concello se propoña volver a ter unha empresa 100% pública” conclúe o voceiro.