marea de vigo levará unha moción ao vindeiro pleno na que pedirá a reprobación do concello ao novo contrato que pretende formalizar a xunta cos hospitais privados de vigo.

19 de Novembro de 2021

Marea de Vigo levará unha moción ao vindeiro Pleno na que pedirá a reprobación do Concello ao novo contrato que pretende formalizar a Xunta cos hospitais privados de Vigo.

Rubén Pérez: “Pedimos que o Concello de Vigo rexeite este sistema de xestión privada, pero que sobretodo que eses recursos que se van deitar en pagarlle a Povisa, ao Concheiro así como a calquera outro sanatorio privado que queira participar, sexan adicados en investimentos públicos, contratacións e recursos para o Sistema público”.

Marea de Vigo alerta que de concretarse esta forma contractual que pretende o Goberno de Feijoo, “estaríamos xa diante dunha privatización definitiva, non só das listas de agarda senón do sistema de urxencias hospitalarias, algo que resulta absolutamente intolerable”.

Vigo, 19-11-2021. O vindeiro mercores 24 de novembro Marea de vigo levará unha moción ao Pleno na que pedirá o apoio esplícito da Corporación local ante o que cualifica coma “un novo agravio no sistema sanitario na Área Sanitaria de Vigo”. “A Xunta de Galicia pretende que os hospitais privados da Área Sanitaria de Vigo xestionen directamente as listas de agarda e as urxencias hospitalarias a cambio dun montante que vai acadar máis de 50 millóns de euros – sinala Rubén Pérez -, recoñecendo implicitamente a falla de recursos na Sanidade Pública”

Para a Marea de Vigo, isto supón “unha aldraxe que ten que ver coa escusa da pandemia que utilizou o Goberno da Xunta para acrecentar aínda máis as políticas de recortes e a non dotación de recursos públicos á Atención Primaria” explica Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal. “O feito de estar derivando pacientes ao sistema privado, algo que xa estaba pasando, agora convértese nun contrato coa xustificación da homologación de prezos e o aforro dos custos que supostamente supón ao Sergas” matiza. Coa súa moción, Marea de Vigo quere alertar que detrás deste contrato hai tanto unha vontade de permanencia no tempo, como unha consecuente falla de investimentos na Sanidade Pública todavía máis grande para o futuro.

Marea de Vigo considera que é unha moción que debe ser repercutida no resto dos Concellos que se atopan dentro da Área Sanitaria de Vigo e dará traslado da mesma a outros grupos municipais para tal fin.

📌Enlace á moción 👉🏽 MOCION PRIVATIZACION SANITARIA NOVEMBRO 2021 Rexistrada