marea de vigo participa activamente no día do orgullo 2015

26 de Xuño de 2015

MAREA DE VIGO PARTICIPA ACTIVAMENTE NO DÍA DO ORGULLO 2015

O grupo municipal da Marea participará na axenda de actos do ORGULLO 2015 que terá como acto central a manifestación do sábado na praza da Pedra.

Para a Marea de Vigo o colectivo LGTBI segue a ser un colectivo discriminado, polo que pide que todas e todos fagamos o esforzo de estar aí, onde a loita polos dereitos fundamentais das persoas sexa precisa e onde haxa que visibilizar os atrancos, as presións e as dificultades que moita xente sofre por non entrar no modelo establecido, aínda que iso non sexa máis que unha opción persoal íntima e que non inflúa para nada nas relacións coa sociedade.

Rubén Pérez, Marga Lopez e Xose Lois Jácome estarán presentes nos actos de celebración dos días do orgullo LGTBI e ás 19:30 participarán na manifestación na Praza da Pedra.

Con esta participación a Marea quere suliñar o apoio ás Asociacións LGTBI e aos programas e accións de loita e reivindicación que levan adiante. Marea de Vigo transversalizou de xeito efectivo todo o seu programa dende unha perpectiva LGTBI e lembra que estas políticas non poden ser somentes recheo de programas ou de datas concretas senón parte da acción política habitual.