marea de vigo pedirá a non aplicación da suba do 1,1 as taxas municipais en 2016 e un criterio progresivo para evitar que nos sucesivos exercicios as rendas máis baixas se lle apliquen subas.

4 de Setembro de 2015

MAREA DE VIGO PEDIRÁ A NON APLICACIÓN DA SUBA DO 1,1 AS TAXAS MUNICIPAIS EN 2016 E UN CRITERIO PROGRESIVO PARA EVITAR QUE NOS SUCESIVOS EXERCICIOS AS RENDAS MÁIS BAIXAS SE LLE APLIQUEN SUBAS.

ACUSA AO GOBERNO LOCAL DE APLICAR SUBAS DESPOIS DAS ELECCIÓNS EVITANDO FACELO ANTES PERO GARDANDO NA “MANGA” OS IMPORTES NON INCREMENTADOS.

Marea de Vigo rexistrou hoxe no Rexistro do Pleno a súa proposta de modificacións das ordenanzas fiscais para o vindeiro exercicio orzamentario de 2016 que, para o voceiro municipal da Marea Rubén Pérez: “teñen que combinar dous requisitos: a esixencia de aumentar a atención as situacións de necesidade derivadas da actual crise económica e a necesidade de que o concello conte cos recursos económicos suficientes para atender os servizos que presta á veciñanza”

Marea de Vigo é consciente do marxe limitado dos concellos para decidir políticas fiscais pero existen analogamente marxes para decidir que fiscalidade se quere aplicar, dende a definición do tipo impositivo do IBI, as bonificacións, tributos e taxas propias e mesmo a través do gasto no orzamento.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo non entende a aplicación xeneralizada da suba do IPC nun 1,1% (calculado pola media do mesmo entre abril de 2012 e abril de 2015) nun contexto no que o IPC anunciado para abril de 2015 é do 0,2%.

Marea de Vigo denuncia que estamos ante “unha suba moi por debaixo dos incrementos mediais salariais por negociación colectiva que apenas chegan ao 0,74%. E non entendemos esta suba agora, no primeiro exercicio despois do proceso electoral de maio despois de anos de conxelación, curiosamente nos exercicios previos ás eleccións municipais. A situación económica na nosa cidade non é mellor que en 2013 ou 2014 para argumentar agora esa suba nin antes a conxelación por intereses exclusivamente electorais.

Marea de Vigo propón non aplicar a suba do IPC proposto do 1,1% no 2016 e aplicar progresivamente incrementos a partir 2017 en base a un criterio exclusivamente de renda, e nunca por enriba do IPC que se publique nese ano e sucesivos, quedando en todos os exercicios exentas da suba as rendas inferiores ao SMI.