marea de vigo pide ao alcalde que poña os medios e recursos para redactar xa un novo en vez dunha campaña publicitaria para tentar amosar que a nulidade do pxom do 2008 é un pequeno atranco sen importancia. rubén pérez: “a redacción dun novo pxom é algo serio como para pensar que se soluciona en catro xuntanzas de café”

14 de Decembro de 2015

MAREA DE VIGO PIDE AO ALCALDE QUE POÑA OS MEDIOS E RECURSOS PARA REDACTAR XA UN NOVO EN VEZ DUNHA CAMPAÑA PUBLICITARIA PARA TENTAR AMOSAR QUE A NULIDADE DO PXOM DO 2008 É UN PEQUENO ATRANCO SEN IMPORTANCIA.

RUBÉN PÉREZ: “A REDACCIÓN DUN NOVO PXOM É ALGO SERIO COMO PARA PENSAR QUE SE SOLUCIONA EN CATRO XUNTANZAS DE CAFÉ”

O voceiro municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, pide concreción nos prazos de redacción, en como se van solucionar os trámites ambientais e para iso, que modificacións sustanciais teñen que artellarse no planeamento. Marea de Vigo sí que considera que é preciso “repensar o modelo de cidade” porque é precisamente o modelo de cidade o que anulou de facto o PXOM ao pretender os sucesivos gobernos municipais “saltarse” o sometemento do plan a Avaliación Ambiental Estratéxica.

O voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, lembralle ao alcalde que “saltarse os procesos de aprobación inicial, alegacións e non facer un rigoroso estudo económico-financeiro do plan” sería cometer os mesmos erros que levaron a centos de veciños e veciñas a presentar máis de 61.000 alegacións. Mesmo 21.000 sinaturas pediron que mediante referendo municipal se aprobase ou non o novo PXOM.

Non pode sosterse nun novo PXOM o mesmo nivel de edificación, a proposta de crecemento da cidade e o número de vivendas que se precisan, algo que quedou demostrado no período de vixencia do PXOM como “delirante e desproporcionado”, mesmo a cantidade de superficie rústica que cambia de clasificación e convertía nunha “barra libre edificatoria a cidade”. 123.000 novas vivendas que inclúen as previsións do PXOM do 2008, 32 millóns de metros cadrados do rural vigués a urbanizar, a desaparición do 60% dos solos agrícolas de Vigo, “son auténticos disparates a luz dos datos económicos e demográficos da actualidade”.

Marea de Vigo pide xa a apertura do concurso público para a contratación dos redactores do novo PXOM e a concreción dos espazos de participación cidadá que se van dotar para que todos os vigueses e viguesas podamos opinar sobre en que Vigo queremos vivir.