marea de vigo pide a clarificación dos servizos esenciais municipais cara a suspensión dos que non o son para que o seu persoal poida acollerse aos permisos retribuídos.

30 de Marzo de 2020

Rubén Pérez: “No entendemos como o servizo de parques xardíns está traballando ao 100%, hai que seguir o exemplo de cidades que decretaron a suspensión de certos servizos e trasladaron esta cuestión á negociación entre empresa y representacion sindical, co compromiso da recuperación das horas nas primeiras semanas”.

Vigo, 30-03-2020. No día de hoxe, o Grupo municipal da Marea de Vigo trasladou ao Goberno local un escrito no que propoñen algunhas cuestións para ter en conta en canto ao persoal de empresas adxudicatarias de contratos publicos dependentes da entidade local.

No devandiro escrito, Marea de Vigo pídelle ao Concello que clarifique, mediante resolución inmediata, que servizos concesionados municipais teñen a consideración de ser indispensables para o mantemento e seguridade dos edificios e a axeitada prestación dos servizos públicos, establecendo así a posibilidade de suspensión do servizo dos restantes, evitando deste xeito a xeración de Expedientes Regulación Temporal de Emprego, ao aplicarse o artido 34 do RD saído o mesmo 17 de marzo.

Do mesmo xeito, pídese establecer un acordo negociado con empresas e representantes dos traballadores e traballadoras de certas concesionarias coma a de mantemento de parques e xardíns, mantemento de parques infantís e biosaudables e servizos semellantes, no que se garantan servizos mínimos nestes servizos pero mediante o formato de permiso retribuído e no que se pacte por acordo entre partes a recuperación de horas posterior á crise para que no prazo de 1 ou 2 semanas todas as instalacións e superficies axardinadas estean en perfecto estado.

Marea de Vigo esixe ademais que o Concello manteña a seguridade na Casa da Cultura e Casa das Artes, xa que, a pesar de non ter vixilancia nocturna antes da crise, na quenda de día se comprobaba o estado das instalacións e, tendo presentado un ERTE a empresa concesionaria (empresa que adebeda salarios) por eses traballadores, estas instalacións van quedar abandoadas durante mínimo 15 días.

Excmo. Sr D. Abel Caballero Álvarez

Alcalde-Presidente do Concello de Vigo

Rubén Pérez Correa e Oriana Méndez Fuentes, concelleiro e concelleira do Grupo Mixto (Marea de Vigo-Son En Común), ante a situación orixinada coa crise do COVID-19 e as recentes decisións do Goberno central con respecto a súa minimización,

EXPOÑEN:

Que coñecidos os contidos do Real Decreto-Lei 10/2020, do 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuido recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade no contexto da loita contra o COVID-19 que veñen a complementar os do Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer frente ao impacto económico e social do COVID-19, este Grupo municipal quere propoñer algunhas cuestións para que se teñan en conta en canto ao persoal de empresas adxudicatarias de contratos do sector público (disposición adicional quinta do Real Decreto 10/2020):

  1. O Goberno local debe clarificar mediante resolución inmediata que servizos concesionados municipais teñen a consideración de ser “indispensables para o mantemento e seguridade dos edificios e a axeitada prestación dos servizos públicos” establecendo a posibilidade de “suspensión do servizo” dos restantes, para asi evitar a xeración de ERTES por parte das empresas adxudicatarias, sendo aplicado polo tanto o artigo 34 do Decreto Ley 8/2020 do 17 de marzo, ao tratarse dunha suspensión e non dos supostos incluídos nas casuísticas de expedientes de regulación temporal de emprego.
  1. Establecer un acordo negociado con empresas e representantes dos traballadores e traballadoras de concesionarias de parques e xardíns, mantemento de parques infantís e biosaudables e servizos semellantes, no que se garantan servizos mínimos nestes servizos pero mediante o formato de “permiso retribuído” e no que se pacte por acordo entre partes a recuperación de horas posterior á crise para que no prazo de 1 ou 2 semanas todas as instalacións e superficies axardinadas estén en perfecto estado.

Sería un modelo análogo ao tomado polo Concello de Madrid para evitar a xeneralización de ERTES nestas concesionarias.

  1. Informar ás concesionarias e poñer en coñecemento dos servizos de prevención das mesmas que terá que adoptar medidas preventivas nos cadros de personal, especialmente no caso de todos e todas as traballadoras que se considere como colectivo de risco:
  • Personas con diabete.
  • Enfermidade cardiovascular, incluída hipertensión.
  • Enfermedad crónica hepática
  • Crónica pulmonar reforzada.
  • Crónica renal reforzada.
  • Inmunodeficiencia
  • Cáncer en fase de tratamento activo.
  • Embarazo.
  • maiores de 60 anos.

O servizo de prevención da empresa debería elaborar un informe no que establece a constancia da condición de colectivo de risco e a imposibilidade de adaptación do posto de traballo ou de protección adecuada que evite o contaxio.

Con este informe, a atención primaria pode proceder ao estudo individual do caso e se o considera pode extender a baixa por enfermidade común, semellante aos casos de positivos ou carentena. Dese xeito o INSS trasladao á mutua para que proceda ao pago da prestación como continxencia profesional.

  1. Tendo en conta que na guía editada polo Ministerio de Sanidade do 11 de marzo de 2020 considérase como exposición de BAIXO RISCO ao personal non sanitario que teña contacto con material sanitario, fómites ou desfeitos posiblemente contaminados pero se recomenda EPI de protección biolóxica e tendo en conta que en Vigo se consideran a recollida de RSU e limpeza viaria servizos prioritarios, se inste ás empresas concesionarias de devanditos servizos a:
  • Eliminar o barrido manual e substituilo por medios mecánicos que tamén desinfecten con hipoclorito ou mecanismo análogo.
  • Eliminar o barrido con cepillo pola alta emisión de partículas que propaga.
  • Ao reforzar as limpezas preto das áreas sanitarias e ante eventuais situacións de falta de EPIS como acontece no sector sanitario, garantir dende o Concello o subministro destes materiais de non ser capaz a empresa concesionaria de facelo con garantías.

 

En Vigo, a 30 de marzo do 2020

 

Asdo: Rubén Pérez Correa                             Asdo: Oriana Méndez Fuentes

Voceiro do Grupo Municipal Mixto                      Concelleira do Grupo Municipal Mixto

(Marea de Vigo-Son En Común)                        (Marea de Vigo-Son En Común)