marea de vigo pide diálogo entre os alcaldes de a coruña, santiago de compostela e vigo, que hoxe reúnense en madrid coa ministra de fomento, cara a óptima e lóxica organización dos tres aeroportos de galicia.

29 de Outubro de 2015

MAREA DE VIGO PIDE DIÁLOGO ENTRE OS ALCALDES DE A CORUÑA, SANTIAGO DE COMPOSTELA E VIGO, QUE HOXE REÚNENSE EN MADRID COA MINISTRA DE FOMENTO, CARA A ÓPTIMA E LÓXICA ORGANIZACIÓN DOS TRES AEROPORTOS DE GALICIA.

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, despois de ter falado cos representantes do concello de A Coruña e Santiago de Compostela, considera que, o alcalde de Vigo, Abel Caballero debe manter un diálogo cos mesmos, aproveitando a xuntanza de rutas que se celebrará hoxe en Madrid, cara a unha correcta organización dos aeroportos galegos, máis aló de localismos e argumentacións electoralistas.

Marea de Vigo mantén unha postura crítica coa política de subvencións á aerolíñas sen garantías de retorno para o turismo e a cidadanía, e sobre todo sen unha organización “a tres” para garantir a optimización do uso aeroportuario de Galicia.
En todo caso a Marea de Vigo defende que ningún concello subvencione a compañías aéreas, xa que é un gasto impropio da administración local e non acaba consolidando voos nos aeroportos galegos.

Marea de Vigo considera que o alcalde de Vigo debe deixar de utilizar argumentos localistas que carecen de criterios políticos e económicos coma se estivera nun constante mitin electoral para baixarse a realidade e interlocucionar cos outros alcaldes das cidades galegas que dispoñen de aeroporto, como outro modo de defender os intereses das viguesas e vigueses, non facendo que se teña que gastar máis de un millón de euros de cartos públicos en subvencións a fondo perdido a empresas como Ryanair.