a marea de vigo pide a dimisión inmediata dos cargos institucionais imputados no día de hoxe na operación patos.

25 de Setembro de 2015

A MAREA DE VIGO PIDE A DIMISIÓN INMEDIATA DOS CARGOS INSTITUCIONAIS IMPUTADOS NO DÍA DE HOXE NA OPERACIÓN PATOS.

A falta de coñecer máis datos sobre as imputacións da operación patos, o Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que ademáis das responsabilidades xudiciais que serán esclarecidas no proceso aberto, no que a Marea de Vigo presentará a solicitude de personación como acusación popular, hai RESPONSABILIDADES POLÍTICAS QUE DEBEN SER ASUMIDAS DE FORMA INMEDIATA.

En base o mesmo criterio que o grupo municipal seguiu no pleno de investidura e nas peticións de apertura de comisións especiais de investigación, a Marea de Vigo pide a DIMISIÓN INMEDIATA dos cargos públicos imputados no día de hoxe pola Xuíza de Instrución número 7.