marea de vigo pide explicacións e aclaracións ao goberno local sobre o futuro do tunel da porta do sol.

6 de Xuño de 2022

Marea de Vigo pide explicacións e aclaracións ao Goberno Local sobre o futuro do tunel da Porta do Sol.

Rubén Pérez: “O Goberno de Abel Caballero debe dar explicacións á veciñanza e aos negocios da zona, que levan anos agraviados polas obras. Son varios os negocios que quebraron e incluso houbo persoas que se veron na obriga de marchar das súas vivendas habituais”.

O Grupo municipal da Marea de Vigo vén de solicitar todos os infomes técnicos, as modificacións da obra e os custos derivados destas ante a falla de información. “Queremos saber que o que se vai facer finalmente, e se se está propoñendo unha emenda ao proxectodo túnel e polo tanto, ao soterramento do tráfico na zona”.

Vigo, 06-06-2022. Para a Marea de Vigo, o tunel da Porta do Sol “sempre foi un gran erro”, xa que non resolvía ningunha cuestión ligada á mobilidade sostible, metendo o tráfico baixo terra, e contaba cunhas complexidades técnicas “que implicarían modificacións e dificultades importantes a resolver durante a execución da obra” sinala Rubén Pérez, voceiro do Grupo. “Dixemos na mesa de contratación que non estábamos dacordo incluso cos perfís das empresas que se estaban contratando, quedando excluídas da licitación ás grandes construtoras que están habituadas a facer infraestruturas desta magnitude” engade.

Ao longo de toda a obra, estas dificultades foron máis que manifestas, “e agora se anuncia unha ‘pseudo inauguración’ do que será a praza peatonalizada, algo que sempre sostivemos coma necesario, mais quedan aínda por resolver as dúbidas sobre se finalmente vai ter saída o túnel na rúa Elduayen” incide o voceiro.

Marea de Vigo afirma que a prolongación cara ao Barrio do Cura “sería unha modificación que requiriría dunha nova licitación, xa que os custos da devandita modificación estarían fóra das marxes reflectidas na contratación actual”, pero alén disto, Pérez alerta das dificultades que se poden ter para a captación de fondos europeos “xa que as modificacións son tan grandes que cambian por completo a petición inicial para obter eses fondos” matiza.

“Se o que queríamos era ter unha praza peonalizada e un aparcadoiro, tería sido moito máis sinxelo: o aparcadoiro xa existía, só habia que adaptalo á normativa actual; e a humanización da praza resolvíase quitando o tráfico rodado e facendo as actuacións urbanísticas necesarias” explica o voceiro. “É unha auténtica chapuza e unha improvisación que ademais pode implicar problemas á hora de captar os fondos europeos que xustifican máis do 80% da obra” conclúe Rubén Pérez.