marea de vigo pide lexislar e normalizar a música en directo nos locais hosteleiros da cidade

23 de Marzo de 2023

audio da nova:

O voceiro do GM da Marea de Vigo considera que actualmente existen numerosos locais na cidade que realizan como segunda actividade ligada á hostaleira concertos en directo e que hai que regular xa esta actividade para locais sen licencia específica ante o “absoluto descontrol e discriminación existente”

23/03/2023

Rubén Pérez: “Marea de Vigo xa propuxera na anterior lexislatura regular a música en directo nos recintos hostaleiros que teñan suficiente illamento e que non excedan os 90 decibelios como xa opera en diferentes cidades do estado e que non supón competencia polo formato coas salas de concertos que si poden empregar amplificación e cumpran unha lexislación en materia de espectáculos.

“O que non pode acontecer e que nalgúns negocios hostaleiros os concertos son programados semanalmente sen problemas e noutros sexa permanente a presencia da policía local para paralos sen que sexa por medición de ruído mediante. Ou todos poden ou non pode ningún porque a licencia hostaleira e os que permite facer con ela é exactamente a mesma”

Marea de Vigo considera que os concertos en pequeno formato, sen venta de entradas e simplemente como acompañamento da actividade hostaleira son novos formatos que veñen para quedarse en todas as cidades europeas e do estado español. Deben ser regulados por ordenanza municipal coa normativa que se axuste á realidade lexislativa actual en materia de espectáculos e ademais ten que ser suficientemente garantista no tócante a lexislación de concertos e espectáculos xa que en verdade os concertos programados con venta de entrada, caché de grupo esixen cuestións máis complexas no marco regulatorio: contratos asinados, camerinos para artistas, etc.… cousa que non existe e sería imposible implementar nos de formato pequeno que actualmente desenvolven ducias de locais en Vigo. “O que non pode pretender a hostalaría e converterse en salas de concertos polo que teñen que entender que o modelo de concerto tería que ser acotado a ausencia de amplificación ou moi mínima e sen venta de entradas ou semellante”.

Marea de Vigo considera que é perfectamente compatible a existencia da Lei de Espectáculos de Galicia (coa súa entrada en vigor significou en 2019 que varios locais da cidade cancelaran a súa programación de música en directo ao ser apercibidos pola policía local) coa creación de unha Ordenanza Municipal que regule o concerto de pequeno formato. Estes concertos é certo que non poden superar os 90 decibelios pero sería posible facelos considerando, tal e como pediu reiteradamente Marea de Vigo entón, a organización de concertos como ‘segunda actividade’ nos locais, axilizando ademais a actualización das licenzas, ou mesmo introducir a participación municipal nas programacións de concertos, etc.. fixera no seu día o Concello de Santiago de Compostela.