marea de vigo pide mañá mércores 9 no pleno extraordinario do concello de vigo un uso alternativo dos 32 millóns de remanentes de tesourería

8 de Novembro de 2022

audio da nova:

Marea de Vigo presentará mañá no pleno do Concello unha emenda á totalidade no Pleno extraordinario que aprobará a modificación orzamentaria para empregar 32 millóns de euros do remanente líquido de tesourería e fará o mesmo coa proposta de Orzamento para 2023.

Vigo, 08 de novembro de 2022

Marea de Vigo, que presentou unha emenda á totalidade aos usos dos 32 millóns de euros e votará mañá en contra no pleno, considera que o goberno local erra de novo xa que en vez de establecerse unha formulación global de uso dos recursos o que se da traslado é de investimentos puntuais en diferentes áreas funcionais do Concello como si se trataran de recursos orzamentarios normais. Este feito invalida de facto a motivación que deu lugar á posibilidade de empregalos: a reconstrución económica e social tras dous anos de pandemia e a situación dos prezos dos subministros básicos nas economías familiares.

O voceiro do Grupo Municipal de Marea de Vigo, Rubén Pérez considera xustificado o voto negativo xa que a esta modificación tráese dende reparacións pendentes en edificios de diferentes servizos municipais, indemnizacións xudiciais pendentes de satisfacer, ou mesmo a creación dun entramado de subvencións e gasto publicitario absolutamente opaco baixo a denominación “MARCA VIGO”. “De novo temos a asignación de recursos extraordinarios a empregos habituais que dende logo non corresponden, ao noso xuízo, ás prioridades de empregos para os que se liberaron por primeira vez os aforros dos concellos do estado” sinala o voceiro municipal da Marea de Vigo.

Marea de Vigo manterá este mesmo criterio co proxecto orzamentario do Concello para o 2023 xa que considera que trátase dun proxecto propagandístico do alcalde que vende utilizando todo tipo de adxectivos superlativos, pero o certo é que pese ao incremento da cantidade orzamentada (aos 295 millóns de euros de orzamento súmase o remanente e o superávit, superando os 360 millóns) cousa diferente é que eses recursos sexan finalmente executados. Non vale de nada facer unha rolda de prensa anunciando grandes recursos económicos se logo estes non se executan”.

Marea de Vigo esixe ademáis que se solvente a falla de execución de máis de 100 millóns de euros do exercicio deste ano 2022, algo que non pode suceder nun ano tan difícil como este, especialmente no tocante a partidas as de emprego ou mesmo o capítulo 1, referente ao persoal.